VISITAS GUIADAS

 

Visita-1

Como todos os anos, a principios de curso, estanse realizando visitas guiadas á biblioteca do “Xograr” dirixidas ao alumnado recentemente chegado a 1º de ESO,  de Bacharelato e  do Ciclo Formativo.

Os profesores Sonia Cantalapiedra e Miguel Cumbraos, son os encargados de dar a benvida aos novos usuarios, tamén dan a coñecer a oferta da biblioteca e as normas de funcionamento. Ademais nesta visita, os alumnos e alumnas reciben o carné de usuario.

Visitas

ARRINCANDO….

…..un novo curso, o que corresponde ao período 2014-2015. E despois da benvida que vos dimos neste espazo “ on-line” ( punto onde onde se conta toda a vida da nosa biblioteca, todo o que xira arredor dela, informacións tamén do que vai pasando no curso e no noso centro, etc. ) empezamos a contarvos cousas do día a día. Podedes consultar no documento adxunto o horario de atención por parte do profesorado que conforma o equipo, lembrando sempre que préstamos e devolucións fanse no recreo, é dicir de 11h15 a 11h45. Calqueira cousa que queirades consultar, xa sabedes, pasade pola biblio do Xograr e…. En breve iremos subindo máis novidades. Grazas pola vosa paciencia…..e, por suposto, pola vosa colaboración.

 horario

Xa estamos de volta!

Empezamos un novo curso cargados de ilusións e proxectos que iremos poñendo en marcha aos poucos.
A todos os membros da comunidade educativa e especialmente a aqueles que vos incorporades por primeira vez ao “Xograr”…

iMAXE DO CEIP CARBALLAL-CABRAL
IMAXE DO CEIP CARBALLAL-CABRAL

Convidámosvos a que gocedes desta  experiencia e de todos os servizos que a biblioteca pon á vosa disposición: libros, revistas, xogos didácticos, música, ebook, equipos informáticos e unha chea de actividades.

Non esquezades que todo o equipo da biblioteca está á vosa disposición para resolver calquera dúbida.

ESPERÁMOSVOS!