UN POUCO DE SINXELA…CUISINE FRANÇAISE

…que tamén nos valeu como exercicio de lectura e comprensión en lingua estranxeira. Para rematar o curso os alumnos de Francés-2 de 1º Bacharelato baixaron á cociña para elaborar un sinxelo plato da cociña francesa. Tratábase do coñecido e popular “Croque Monsieur”, un emparedado que contén xamón cocido, xamón serrano, queixo raiado e unha pasta a base de iema de ovo, nata e o citado queixo. Leeron e comprenderon a receta – que xuntamos – e fixeron cada un dos seus pasos, como mostran as imaxes. Por certo, parecen que o prato en si estaba bo, polas caras dos participantes nunha das imaxes.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Bon appétit!!!

EN BREVE

chegan as vacacións …tempo moi recomendable para a lectura. Non esquezas que na biblioteca tedes á vosa disposición libros de….

 

Tamén novedades editoriais de moi recente publicación, así como películas, tebeos, CD´S de contidos varios, música,  e  incluso  LIBROS ELECTRÓNICOS.

Sin título

 

 Listado libros e-book

Novidades literarias verán 2014Sin título

Tres alumnos de ESO participan nun concurso de posters en lingua francesa

Os alumnos Adrián No Pérez, de 1º ESO C, Brandan Corredoira Fernández, de 2º ESO B, e Alba Díaz Rodriguez, de 4º ESO B, resultaron seleccionados nos seus respectivos niveis para participar no concurso organizado pola Asociación de Profesores de Francés de Galicia.

DSCF2005Desta volta o alumnado tiña que preparar un poster en tamaño A3 sobre unha rexión de Francia, elexida libremente, mezclando textos en lingua francesa con dibuxos, fotos, recortes, etc. No noso instituto participaron numerosos alumnos de 1º, 2º e 4º ESO, que elaboraron notables traballos. As normas do concurso, que ten diversos premios pedagóxicos, non permitían mandar máis de 3 posters por centro escolar, resultando seleccionados os citados alumnos. Adrián No fixo un sobre a rexión de Alsace, Brandan Corredoira sobre Rhône-Alpes e Alba Díaz sobre Île de France.