Agora que Mafalda cumpre 50 anos e que o seu creador, o debuxante arxentino Quino, acada un premio do prestixio do Príncipe de Asturias das Humanidades, lembra que na nosa biblio temos libros desa nena de 6 anos de humor terno e feroz…..
Mes: Maio 2014
APADRIÑANDO PALABRAS
O alumnado de primeiro de bacharelato, dirixidos por Ramón Noche, con motivo das letras galegas, veñen de realizar unha activiade de apadriñar palabras.Para iso, escolleron palabras en galego, e con elas fixeron unha nube e aquí vos queda. Ao facer click na imaxe aparecerá a actividade.Os puntos azuis son enlaces ás entradas dos rapaces co seu traballo.
MOITAS GRACIAS A RAMÓN NOCHE E AO ALUMNADO DE TIC POLA SÚA COLABORACIÓN!!!
Nova reunión do Xograr Lector
Un total de 12 alumnos de ESO e bacharelato, así como diversos profesores, participaron na segunda reunión do club lector ” O Xograr Lector”. Desta volta a sesión pivotou arredor da novela “Suad”, escrita por Lorenzo Silva e Noemí Trujillo. Nesta reunión participou igualmente a nosa exalumna Sandra López Pereiro, que anos atrás acolleu xunto a súa familia unha nena africana, algo moi vencellado directamente a un dos principais argumentos da novela elexida. Podedes ver máis fotos da proveitosa reunión deste soleado xoves de maio na sección do blog adicada ao Club Lector.
UN MES (Maio)… UN FRAGMENTO….UN LIBRO
Como cada mes, no corredor que nos leva á biblioteca atoparedes unha nova proposta de lectura:
¿Sabiades que os humanos conductualmente modernos levamos por aquí só un 0,0001 % máis ou menos, da historia da Terra?
Deixamos a portada da lectura que vos propuxemos para o mes de Abril.
CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO
O venres 25 de abril, no salón de actos do noso instituto, levouse a cabo a celebración do Día do Libro. Este ano ademais da exposición dos murais, carteis e manualidades realizadas polos alumnos e que xa vén sendo unha tradición do Xograr, proxectáronse tres traballos audiovisuais realizados por diferentes alumnos de bacharelato. Despois asistimos a un Recital Poético Visual no que participaron alumnos de ESO e de Bacharelato e que foi dirixido polos Departamentos de Educación Física, Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá.
Podedes ver o Programa e un vídeo do acto de celebración.