Dende o ano pasado está en marcha unha sección de adultos do club de lectura do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria “O Xograr Lector”. Desta volta queremos ampliar a nosa oferta literaria para abordar máis temas e chegar a máis lectores.
Este ano plantexamos dúas propostas ben distintas;
-Unha lectura pensada para ser compartida entre país/nais/fillos/profesores, con finalidade reflexiva e sensibilizadora sobre temas educacionais e relacionais (en este caso o acoso escolar). O libro escollido foi Sin vuelta atrás do escritor Jordi Sierra i Fabra.
-Unha serie de obras sobre distintas temáticas co único obxectivo de disfrutar do pracer de lectura:
LECTURAS RECOMENDADAS-Club Lector Adultos IES Xograr
A nosa biblioteca conta con varios exemplares que poden ser levados en préstamo polos interesados en participar nesta actividade.
As actividades da sección de adultos non son presenciais e consisten fundamentalmente na lectura individual do libro seleccionado e no posterior intercambio de impresións sobre esa lectura. Para aportar esas reflexións de cada un dos lectores hai tres vías:
- Facer chegar os comentarios á biblioteca do Xograr (portería, buzón de suxerencias da biblioteca, correo postal, etc)
- Vía online no propio blog da biblioteca (https://biblioxograr.wordpress.com/) facendo un comentario ao final deste artigo. (Deixar un comentario)
- Vía escrita, facéndonos chegar os comentarios ou a proposta de novas lecturas.
Dende a biblioteca do Xograr animámosvos a participar. Non é necesario pertencer á comunidade educativa do noso instituto para ler o libro e aportar reflexións. Tamén recibiremos gustosos as propostas de novas actividades literarias. Grazas anticipadas.
Disfruta da lectura dun dos libros propostos e aporta a túa reflexión. Grazas por participar
Ola. Aquí vai a miña humilde aportación en forma de comentario sobre un dos libros propostos. Veño de rematar “La verdad sobre el caso Harry Quebert”, que desta volta leín en francés (La vérité sur l’affaire Harry Quebert). Enorme novela deste novo talento suizo chamado Joël Dicker, de tan so 29 anos. Moitas páxinas, case 700, eso si, de gran intensidade dende o principio, con retrocesos e avances no tempo, con moita metaliteratura. Require concentración constante para non perder ningún dos fios conductores e ofrécenos un desenlace que eu persoalmente non me agardaba. Moi recomendable….como calqueira das obras que forman a selección de títulos para este Club Lector On line. Tan so animarvos a ler algún deles e a escribir neste blog un pequeno comentario, que sempre gusta saber das opinións doutros lectores para decantarse por un ou outro título.
Pasaba por aquí e pensei en comentar un libro dos que forman parte do club de lectura de adultos. Falarei de ” Contra el viento del norte ” de Daniel Glattauer.
Un intercambio de e-mails entre dous descoñecidos desencadea unha historia de amor na que as palabras escritas que intercambian por internet provocan indecisións confesións, dúbidas… e especialmente fan saír da súa rutina diaria a dúas personas que se lanzan diariamente ó mundo virtual; un mundo no que a bandexa de entrada se convertirá nunha vía de escape, nun xogo para eles. Pero os xogos teñen as súas regras e neste haberá que xogar especialmente contra o medo á decepción..
Áxil, entretida, apaixoante, devoraremos as páxinas sabendo en qué rematará o sucesivo envio de e-mails….Para quen remate este libro ten unha segunda parte: “cada siete olas”
Tamén pasaba eu por este blog e en concreto a súa sección “on-line” e adultos. Atrévome a suxerir a lectura da novela de Nina George ” Sabor de provenza”. Historias de libros, de libreiros, de escritores, ambientada nun singular perrecorrido polos canales navegables que dende Paris viaxan á Provenza do sur francés. Reflexións moi interesantes sobre a vida, o pasado, o presente, a enfermedade, a alegría e a tristeza. Ben vale a súa lectura, grazas a unha prosa áxil que se volve moi doada. De tódolos xeitos, como pasa coas suxerencias lectoras, seguro que para gustos….
Ola.
Existe un libro de relatos que se pode atopar na nosa biblioteca que constitúe toda unha sopresa. As súas distintas historias teñen en común que poñen a proba constantemente a capacidade de sopresa do lector, como se agochados no parágrafo menos pensado houbese pequenos atefactos explosivos que o autor unhas veces desactiva e outras veces non. Vladimir Nabokov dicía que a misión da literatura é que quen le se sinta coma un extraño na súa propia casa.
Os personaxes xeneran un grande magnetismo tanto porque poden rachar cos estereotipos que lles asignes como porque poden amoldarse terriblemente a eles. Toda unha obra mestra en pequenas doses.
Titúlase “La vida interior de las plantas de interior” e o seu autor é Patricio Pron.
Ola
Acabo de leer un dos libros propostos por o club de lectura do Xograr Lector, variante on-line -adultos.
O libro atróuxome por a súa portada e título: El curioso incidente del perro a medianoche. Non coñecía o autor: Mark Haddon.
As veces o atractivo a vista non é moi bo na sustancia, pero neste caso non é así. Parecéume un libro moi entretido, áxil de moi fácil lectura, con un tema bastante descoñecido por moitos de nós. Gustóume ver como pensa unha persoa con un tipo de autismo (Asperger). Na vida non todos temos que ser iguais e perfectos. Con esforzo e empeño podemos acadar o que qeiramos
“Cometas en el cielo” de Khaled Hosseini
O autor reflicte nesta magnífica obra a vida en Afganistán no derradeiro terzo do Século XX; parte da historia dun pais, que ainda perdura na mente de todos.
Como protagonistas figuran dous amigos de clases sociais diferentes, comparten xenes, pero non o saben. Chamoume moito a atención a humildade e sobre todo a lealtade de Hassan ( o amigo pobre……..).
Logo da lectura diste libro, cabe unha reflexión sobre os cambios que se poden producir na sociedade e na vida das persoas, por motivos alleos á súa vontade: diferencias políticas que desembocan en conflictos bélicos, pobos invadidos por potencias poderosas coa conseguinte represión cruenta, etc……..
O meu parecer e que é un libro que paga a pena ler………….cun final onde se mesturan casualidade e destino, facendo que amose a sensibilidade do lector.
Gracias Pilar polo teu comentario. Aproveitaremos as vacacións de Semana Santa para lelo.
Nazareth
Ola.
Volvín a ler o libro de Jimmy Liao, La noche estrellada, ca mesma fascinación que o fixen a primeira vez que Lola mo regalou.
La noche estrellada trata da amizade, dos afectos, da soidade, da infancia, tal vez por iso o libro vai dedicado a todos os nenos que non logran sintonizar co mundo.
Liao acompaña cada texto con debuxos cheos de cores fantásticas que combinan nunha harmonía perfecta, onde te perdes, onde nunca tés présa para pasar a folla.
Agardo que vos guste.
E recorda o que di o autor nas primeiras páxinas: “Ergue a cabeza e mira a noite estrelada: o mundo transfórmase prodixiosamente”
Acabo de leer “El vals lento de las tortugas” de Katherine Pancol ” que podéis encontrar en nuestra biblioteca.
Es el segundo libro de una trilogía y, si sois de los que leísteis el primero, “Los ojos amarillos de los cocodrilos”, creo que es de lectura obligada para saber cómo continúa la vida de los personajes.
Es una obra entretenida, que engancha sobre todo porque las historias se entremezclan y quedan en suspense hasta que la autora las retoma. En los primeros capítulos la historia va muy lenta, pero en los últimos sucede todo lo contrario, como si la autora estuviera impaciente por terminar. El final queda abierto y continúa en el tercer libro, “Las ardillas de Central Park están tristes los lunes”
El personaje de Joséphine es entrañable, va caminando por la vida y evolucionando lentamente como “las tortugas”. Se siente insegura, piensa mucho las cosas porque no quiere equivocarse ni hacer daño a nadie; pero, poco a poco, consigue adaptarse a los cambios y salir adelante con sus hijas, a pesar de las zancadillas.
Esta historia aborda temas realistas variados: la vida familiar, la adolescencia, el amor, el desengaño, la ambición y el poder que ejerce el dinero en algunas personas; por todo ello es fácil identificarse con alguno de los personajes.
No me gustaron los personajes con poderes “sobrenaturales” que introduce en la historia y que ,según mi opinión, desentonan en medio de la otra realidad.
Ola. ” Como la sombra que se va” é o título da última entrega do escritor Antonio Muñoz Molina, autor que trabállase de cotio no noso centro escolar. Unha historia, mellor dito dúas historias, ámbalas dúas ubicadas na capital portuguesa, é dicir Lisboa. Pivotando arredor da figura do asesino de Luther King e o seu intento de fuxida a Angola vía Portugal, o escritor granadino lembra igualmente a súa estadía na cidade lusa, que inspiroulle para unha das súas máis coñecidas novelas. LIbro a ler con calma e paciencia, de prosa áxil e sinxela, sobre todo polas dúas tramas paralelas que se van construíndo