SUXERENCIAS LECTORAS

Chega nadal e dende a biblioteca queremos felicitarvos as festas e desexaros unha moi boa lectura. Para iso xa tedes unha estantería no corredor a carón da sala de profesores con libros moi diversos, en linguas varias, adaptadas a todos os niveis. Lembrade que para pedilos hai que pasar nos recreos pola biblioteca. E lembrarvos igualmente que tedes a vosa disposición cinco lectores electrónicos que tamén podedes levar e que teñen cargados diversos libros clásicos de aventuras.


Lecturas Nadal Galego

Lecturas Nadal FLecturas Nadal LC

OS NOSOS VOLUNTARIOS DA BIBLIOTECA

VoluntariosEste curso 2013-2014 temos uns colaboradores moi especiais na nosa biblioteca. Trátase dun grupo de 4 alumnos, 3 de 2º de ESO e 1 de 2º de Bacharelato. Colaboran con moito interese en tarefas tan variadas como recolocación de fondos, montaxe de exposicións, colocación de material informativo, etc.
 
Grazas Lorena, Paula, Juan e Iván pola vosa inestimable axuda.

“NO IES XOGRAR A CULTURA DA…..DE COMER”

A IDEA É TRAER  ALIMENTOS NON PERECEDEROS ( GARBANZOS, ACEITE, SOPA, PASTA, ETC) DESTINADOS A CÁRITAS SARRIA NO PRÓXIMO TEMPO DE NADAL ONDE AS CARENCIAS VENSE MÁIS.   ESA APORTACIÓN QUE FAGA CADA UN DEBE VIR ACOMPAÑADA DUN PEQUEÑO COMENTARIO SOBRE UN LIBRO, ALBUM DE MÚSICA, TEBEO, PELÍCULA, ETC QUE MÁIS OS GUSTARA. DESTE XEITO INTENTASE RECOLLER POSIBEIS SUXERENCIAS DE COMPRA TANTO PARA ADULTOS COMO PARA NENOS.

 

COMO FACER?

  •        NA BIBLIOTECA HABERÁ UN ESPAZO ONDE ATOPAREDES UNHA PEQUENA FICHA PARA CUBRIR COAS IMPRESIÓNS SOBRE ESE LIBRO, ALBUM DE MÚSICA, TEBEO, PELÍCULA, ETC
  •       DITA FICHA E O QUE BOAMENTE APORTEDES DEBERÁ SER DEIXADO NA PROPIA BIBLIOTECA  NUNHA CAIXAS PRERADAS PARA TAL FIN

  BUSCAMOS A IMPLICACIÓN DE TODA A COMUNIDADE ESCOLAR (PROFESORADO, ALUMNADO, PERSOAL NON DOCENTE, INCLUSO PAIS E NAIS) NESTA ÉPOCA DO ANO TAN ESPECIAL.

Club de Lectura para adultos

Como xa fixemos o curso pasado estamos a traballar na selección do libro para o Club de Lectura dirixido a un público adulto. Nesta actividade poden participar profesores, pais e nais, persoal non docente e incluso persoas que non teñan nada que ver coa comunidade educativa do noso instituto. Unha vez que se decida o libro en cuestión indicaremos cales son as canles para poder participar. O que se busca é sinxelamente a lectura dese texto e aportación de comentarios, resumos, suxerencias que enriquezan esta actividade.

Un libro, un fragmento, un mes

Seguimos avanzando coa iniciativa “UN mes, un fragmento, un libro”, dirixida a todos os membros da comunidade educativa. En outubro foi….

 

lg_kafka_y_la_muneca_viajera_1-copia

….en novembro….

tango

 

E agora en decembro…..Pois a pasar polo taboleiro de cortiza onde expoñemos o fragmento, o comentario e a carátula do libro para saber cal é a recomendación deste mes.