XURXO SOUTO PARTICIPOU NA PRIMEIRA SESIÓN DO CLUB LECTOR “O XOGRAR LECTOR”

Xurxo Souto

A primeira sesión presencial do Club Lector  “O Xograr Lector”,  no que participaron un total de 15 alumnos de ESO e Bacharelato, así como diversos  profesores, contou coa presenza do polifacético Xurxo Souto. Dita sesión tivo lugar no centro educativo sarrián hoxe mércores 27 e pivotou arredor do libro-audio “A caza do ghazafello”, do escritor pontevedrés Denis M.

Para ter máis información e ver a galería de fotos visita neste blog a páxina adicada ao Club Lector.

XURXO SOUTO NA PRIMEIRA SESIÓN DO “XOGRAR LECTOR”

A primeira sesión presencial do Club Lector  “O Xograr Lector”,  no que participan alumnos e profesores  contará coa presenza do polifacético Xurxo Souto. Esta sesión terá lugar no centro educativo sarrián este mércores 27 de novembro ás 15h30.

Souto acude como un dos integrantes da “Orquestra dás Ánimas”, que interpreta a música  de Marcos Paino  pertencente  ao  libro-disco  “A caza do ghazafello”,  libro escrito por Denis M.  Como sabedes, este libro foi elixido  para a primeira sesión presencial do Club Lector.

xurxo soutoXurxo Souto (A Coruña, Galicia, 1966) é un cantante, acordeonista, escritor, actor, director e locutor galego. É licenciado en filoloxía clásica.

O labor que lle fixo máis popular foi a de líder e vocalista da banda de rock en galego “Os Diplomáticos de Monte-Alto” entre 1990 e 2001, pero Souto desempeñou diversas ocupacións e cargos ao longo da súa carreira.

Desde 1986 comezou a traballar en diversos programas de radio en galego, sendo o máis coñecido e lonxevo A tropa dá tralla en Radio Coruña. Tamén colaborou con varias publicacións, como a revista Bravú. Entre outubro de 2005 e xuño de 2009 foi subdirector de programas de Radio Galega, onde tamén dirixía  Aberto por reformas, espazo caracterizado pola emisión exclusiva de música en galego.

Outra das súas facetas foi a de escritor, xa que até a data publicou os libros de relatos A tralla e a arroutada (1995), Fumareu (1997) e Tres trebóns (2005); a novela Ou retorno dous homes mariños (1999) e a recompilación de artigos  Contos dá Coruña (2001), todos eles editados por Edicións Xerais.

Ademais, recentemente formou o grupo musical Os Tres Trebóns, onde se encarga da voz e o acordeón. Tamén traballou como actor en producións galegas como a exitosa serie Mareas Vivas ou a longametraxe Entre Bateas de Jorge Coira.

Actualmente traballa como director e presentador de Música Ambiente, un programa que tenta servir de portal para os músicos emerxentes galegos que mostran as súas cancións na rúa, na nova cadea autonómica privada Vtelevisión

TEATRO E ACTIVIDADE DE SIMULACIÓN PARA ALUMNOS DE FRANCÉS EN LUGO

Un total de 31 alumnos de Francés segunda lingua estranxeira, pertencentes a 3º e 4º da ESO, así como a 1º de Bacharelato, participaron nunha actividade proposta polo departamento de Francés do noso centro. Para iso desprazáronse a Lugo, onde pasaron unha mañá enteira, soleada pero fría.
 
Por unha banda asistiron a representación dunha obra de corte clásico ambientada na Francia do século XVII. Era o caso dunha comedia do coñecido dramaturgo galo Molière, titulada “Tartuffe”, adaptada para un público adolescente, e que trataba temas como a hipocresía, os matrimonios de conveniencia ou os falsos devotos entre outros.
 
E doutra, unha doble actividade de simulación. Traballando en grupos de 4/5 alumnos, cun material en lingua francesa preparado polos seus profesores e planos da capital da provincia, os alumnos do Xograr debían ir descubrindo unha serie de pistas e respondendo a unha serie de preguntas, entregando ao final da mañá o resultado por escrito deste traballo colectivo.
 
Podedes ver unha serie de fotos da obra de teatro, da actividade de simulación e do grupo de alumnos participantes.

O pase de diapositivas require JavaScript.

DATA DEFINITIVA DA PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUB LECTOR

Xa temos data, en concreto o vindeiro mércores 27 de novembro, mantendo a hora e o lugar, é dicir 15:30h  na biblioteca. A maiores contamos cunha  sorpresa, relacionada directamente co libro. Pero para desvelar dita sorpresa hai que asistir ese día. cartel

Grazas por participar e por saber disculpar ese cambio de datas.

APLAZAMENTO DA PRIMEIRA SESIÓN DO CLUB LECTOR

Comunicamos que por diversas circunstancias APLAZOUSE A PRIMEIRA SESIÓN DO CLUB LECTOR, prevista inicialmente para o vindeiro mércores 20 de novembro. En breve será comunicada a nova data.

ghazafelloOs que xa listes o libro, pois tan só agardar por esa nova data para a reunión. E os que ainda non, vinde pola biblioteca para coller este libro-audio da primeira sesión titulada

” A CAZA DO GHAZAFELLO”

OS PRIMEIROS LECTORES DIXITAIS

Alejandro Varela Sánchez e Judith Rodríguez Alonso, os dous alumnos de 1º ESO A, son os primeiros lectores dixitais – permitide que o digamos así – que ten a nosa biblio. Trouxeron a pertinente autorización cuberta e asinada e levaron cada un deles un dos cinco e-readers que temos a disposición de todas a comunidade educativa.

GANADORES DO CONCURSO DO DÍA DA BIBLIOTECA

Diversos traballos foron presentados co gallo desta celebración, algúns deles de gran valor. Despois da valoración do xurado, formado polos profesores do equipo da biblioteca así como da profesora de Lingua Castelá Pilar Andión, os alumnos que resultaron gañadores foron os seguintes:

1º Premio; Leticia López Varela, de 3º ESO B, con 37 puntos
2º Premio: Joel Cotardo Valcárcel, de 4º ESO B, con 30 puntos
3º Premio: Miriam Balboa Arias, de 4º ESO A, con 21 puntos.
Aquí podedes ver os traballos gañadores:

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

 

Noraboa aos gañadores e grazas a todos pola participación!

LECTORES ELECTRÓNICOS NA BIBLIOTECA

 

descargaDispoñemos de 5 lectores electrónicos á vosa disposición na biblioteca. De forma progresiva, estes e-readers irán recibindo e-books, tendo xa gravados algúns. A través do teu titor recibirás a información necesaria de como debes facer se queres levar un prestado. Xunto a esta entrada tes un resumo das condicións de préstamo e o modelo de autorización que debes traer asinada da casa.

ANÍMATE E DESCUBRE A LECTURA DIXITAL!

LECTORES ELECTRÓNICOS BIBLIOTECA IES XOGRAR-BLOG

Autorización