SUXERENCIAS DE OUTONO

 

Unha mezcla de lecturas moi variadas, de literatura española, galega e universal, xa está a vosa disposición. Gran traballo, DSCF1575 (1)coma sempre, da profesora de Lingua Castelá, Ana Belén Durán, que engadiulle pequenos comentarios  a cada texto suxerido, así como unha pequena introducción para este tempo xa de outono. A maiores rescatamos, para decorar un pouco, unha das fotos presentadas no curso 2010-2011 a un concurso de fotografía proposto co gallo do Día do Árbore 2011. Tempo de lectura tamén nestas tardes onde caen as follas, os días son máis cortos, recuperamos xerseis e chaquetas….

lecturas de  outono

NOVAS SECCIÓNS

Grazas a ideas moi diversas que van xurdindo curso a curso, froito do traballo e da aportación de todos os membros da comunidade escolar do Xograr, imos creando cousas novas. Neste blog haberá pestanas que se abren por primeira vez. De momento xa creamos unha para unha sección titulada “ O libro que agarda por ti”. Podes aportar ideas, sempre serán benvidas.

UN MES..UN FRAGMENTO…UN LIBRO

…é algo novo que nace, suxerencia do profesor de Ciencias Sociais Ramón Noche Fraga, despois da valoración

DSCF1576 (1) do Plan de Lectura do pasado curso. Mes a mes unha persoa (no curso actual profesores e persoal non docente, en vindeiros intentaremos que tamén sexa o alumnado) aportarán un pequeno comentario sobre un libro, engadindo un fragmento de dita obra. Son suxerencias de lectura que vos poden servir de axuda para pedir a devandita obra na nosa biblioteca. Xa está exposto, enfrente do despacho do orientador, o que corresponde ao mes.