CARNETS
Procedeuse a dar a todo o alumnado, profesorado e persoal non docente novo no Xograr o seu carnet de biblioteca, documento necesario para ter dereito a préstamos. Debedes verificar que o número do DNI é o correcto, en caso contrario pasar nos recreos para notificalo e que vos sexa correxido. Doutra volta se alguen de anos escolares precedentes extraviou o seu carnet debe pasar igualmente para que lle sexa impreso un carnet novo.
CURRUNCHOS
Non esquezades que temos uns espazos bautizados como “currunchos” que teñen finalidades moi precisas. No Edificio 1, a carón da porta de acceso ao patio, o da prensa, para que poidades ler os xornais que están na súa estantería. E no edificio 2, un destinado para os pais e nais, a carón de portería e sala de titorías, onde hai diversas publicacións para ler mentras agárdase polos titores ou titoras.
LECTURAS OBLIGATORIAS
Nestes días estase revisando e completando o espazo adicado ás lecturas obligatorias, de disciplinas como Lingua Castelá, Lingua Galega, Inglés ou Francés. Teredes a vosa disposición exemplares diversos destes libros. Lembrade que os libros de lectura obligatoria préstanse tan so unha semana ( o resto dos libros e material multimedia dúas semanas), xa que hai un número limitado de exemplares. Non esquezades que neste blog tedes unha pestaña onde podedes consultar os libros de lectura obligatoria de cada materia para o presente curso 2013-2014.
EN LINGUAS VARIAS…
..atoparedes frases célebres de escritores tan variados como Saramago, Santa Teresa de Jesús, Dante Alighieri, Albert Camus, Séneca, Shakespeare, decorando taboleiros de cortiza, bancos, etc. Desta volta pensouse neses emplazamentos por ser máis operativos que no chan, como acontecera o curso pasado. Agradécese que os respetedes.