ACTIVIDADE MOI DIVERSA NO FIN DE CURSO

Para rematar o curso diversas actividades, moi variadas todas elas, sentindo ben que non poidera ter lugar unha prometedora exhibición de patinaxe.

 Dunha banda alumnos de Francés 1º de Bacharelato prepararon na cociña uns suculentos “croque-monsieur“, emparedados típicos da gastronomía gala.KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA

Moi divertida estivo a obra de teatro La locura de don Sancho”, interpretada por un grupo de 2º de bacharelato.

 

Asemade a habitual presentación da revista ” Aquí e Agora”, que neste curso 2012-2013 alcanzou o seu número 13 e da que podemos gozar online  AeA 13.

 

Innaugurouse  un mural feito por alumnos de 4º da ESO dirixidos pola profesora María José Santiso,  no edificio 2.

KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA

Non faltou a música, moi diversa e de xéneros dispares, interpretada por alumnos de 3º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato.

 

BANCO DE LIBROS DE TEXTO

Proxecto de intercambio de libros de texto promovido  polo Consello Escolar do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria

O Consello Escolar do noso Centro vén de aprobar un proxecto que chamamos Banco de Libros de Texto.

O proxecto consiste na reutilización dos libros. A idea é sinxela: o alumnado que remata  o seu curso deixa uns libros que xa non lles son necesarios e poden ser utilizados de novo polos  alumnos/as que chegan a ese curso.

Propoñemos  intercambiar e reutilizar os libros de  texto vixentes durante varios anos e pola maior cantidade de alumnado posible, proporcionando  un aforro importante para as familias.  

Na web do noso Centro podedes atopar toda a información relativa ao proxecto.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

RECTA FINAL

En breve chegan as vacacións de verán, tempo para o descanso pero tamén para non esquecer cousas importantes como é a lectura. Nos expositores situados a  carón do curruncho de prensa tedes a vosa disposición uns cantos libros de literaturas moi variadas, temáticas dispares, incluso banda deseñada. Podedes velos tranquilamente e solicitalo seu préstamo na biblioteca. De todolos xeitos xuntamos un listado con autor e obra de todas estas recentes adquisicións, que poden ser interesantes para unha lectura pausada no tempo de estío.


CARTEL LECTURAS 2013

Suxerencias lectoras verán 2013

Animádevos pois a pedir algún destes libros ou, por suposto, calquera outro que forme parte dos fondos da biblio do xograr

 

BO VERÁN……E BOA LECTURA

NORABOA A LUCÍA POMBO CAPÓN E CARLA LÓPEZ LÓPEZ….

…alumnas do noso IES que foron galardonadas no premio literario Gregorio Fernández. Lucía, de 2º ESO, e Carla, de 2º Bacharelato, xa obtiveran recompensa neste concurso de escritura o pasado ano e voltaron a obtela no 2013. Desta volta triunfaron de novo, nas súas respectivas categorías. Dende a biblioteca do Xograr, espazo que ambas frecuentan moito e ao que recurren con asiduidade, querémoslle felicitar, así como desexarlle a mellor continuidade posible, tanto nos seus estudos como no sempre difícil arte de escribir.                                               NNNN                     

 

stop motion

O alumnado de TIC, dirixido polo profesor Ramón Noche, ven de facer unhas pequenas animacións coa técnica stop motion, que como seguro que xa sabedes, consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas.
Comparten con nós algunhas delas. Desexamos que vos gusten.

Xadrez máxico

Amor con un par de huevos

Rally stop motion

Salvar al soldado Iván

Aproveitamos para suxerir que visitede o Blog

ticXograr