Actividade lingüística en francés no Camiño de Santiago

Un total de 27 alumnos do IES Xograr Afonso Gómez, pertencentes a 3º e 4º da ESO, así como a 1º de Bacharelato, participaron nunha actividade lingüística no Camiño de Santiago proposta polo departamento de Francés.

A primeira parte da actividade consistía en entrevistarse con sarrianos e sarrianas que por razóns de índole diversa – familiar, traballo, emigración, sociais, culturais, etc. –aprenderan francés no seu momento e o empregan con asiduidade nas súas ocupacións laborais de tódolos días.  Para ilo contouse coa colaboración de persoas de Cafetería Xuxú, Bar Camiño Francés, Hotel Alfonso IX CH, Hotel Vila de Sarria- OCA, Café Travesía dos Soños, e Oficina de Turismo de Sarria, que prestáronse a colaborar nesta tarefa de índole pedagóxico.

A segunda parte desta actividade lingüística consistía en buscar peregrinos francófonos en diversos puntos da senda xacobea ó seu paso por Sarria, dende Vigo de Sarria ata a Ponte Áspera, incluíndo ademais lugares frecuentados polos que fan este itinerario como son as estacións de bus e tren, os supermercados, o exterior do centro médico, a oficina de turismo, etc. O obxectivo era falar con eles en francés, preguntándolle por aspectos da súa viaxe, vivencias que se podían recoller en papel e lápis ou ben recurrir ás novas tecnoloxías, é dicir cámaras dixitais de imaxe ou vídeo, gravadoras de son, teléfonos móbiles, MP3 ou MP4, etc.

Un cuestionario gramatical, baseado en diversos monumentos de Sarria, foi a terceira parte desta actividade realizada nunha época do ano na que os peregrinos empezan a encher o camiño, sendo estranxeiros boa parte deles.

 

O pase de diapositivas require JavaScript.