Mes: Marzo 2013
Novidades para as vacacións de Semana Santa
As vacacións de Semana Santa están a chamar á porta. Desde a biblioteca querémosvos propor que vos levedes un libro para gozar durante este merecido descanso. Ofrecémosvos lecturas para todos os gustos, cómics e tamén DVDs.
Aquí tedes a lista de novidades.
Esperámosvos!!!
Curiel no noso Instituto
O pasado luns día 18 de marzo, con motivo da a celebración nesa semana do Día da poesía, o escritor Miguel Anxo Curiel levou a cabo un interesante Taller de Poesía. Dita actividade literaria estivo destinada a alumnos de 1º, 2º e 3º ESO, contando coa colaboración da Biblioteca e os Departamentos de Linguas do centro escolar sarrián. Os escolares puideron coñecer máis esta modalidade literaria tanto desde o punto de vista da lectura como da propia creación.
A actividade que desenvolveu Curiel estivo subvencionada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deportes, a través da Secretaria de Estado de Cultura, dentro do programa “Encontros literarios en institutos de Educación Secundaria”.
Taller de Poesía de Miguel Curiel
O vindeiro luns día 18 de marzo, con motivo da a celebración do Día da poesía, o escritor Miguel Angel Curiel desenvolverá no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria un taller de poesía. Dita actividade literaria estará destinada a alumnos de diversos niveis e contará coa colaboración do profesorado de Linguas.
Esta actividade está subvencionada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deportes, a través da Secretaria de Estado de Cultura, dentro do programa “Encuentros literarios en institutos de Educación Secundaria”.
Miguel Angel Curiel, de orixe estremeña pero nado en Alemaña en 1966, está fincado en Lugo. As súas principais obras son “Por efecto de las aguas”, “Un libro difícil”, “El verano”, “Mal de altura” e “Diario de la luz”. É posuidor de importantes premios literarios, como o San Juan de la Cruz, o Esquio ou o Tomás Salvador. Igualmente foi galardoado co XXIII premio de poesía José Hierro, convocado pola ” Universidad Popular de San Sebastian de los Reyes”.
“OS NOSOS” TINTIN E MILOU DE VIAXE POR SANTIAGO DE COMPOSTELA….
…aproveitando a xornada do Plan de Mellora de Biblioteca, Tintin e Milou, que dannos sempre a benvida na biblioteca do Xograr, déronse unha volta por Santiago de Compostela. En concreto polas instalacións do Palacio de Congresos. Formaron parte do material que a nosa biblio levou a esta xornada formativa. E falando de monecos de banda deseñada, en breve un terceiro estará listo para acompañar aos dous anteriores no noso instituto. ¿Quen é? De momento hai que agardar un pouco, ainda que adiantamos que é moi popular.
8 de marzo: Día Internacional de la Mujer
El tema de este Día Internacional de la Mujer 2013 es: “Una promesa es una promesa: momento de pasar a la acción para acabar con la violencia contra las mujeres”.
Célebres cantantes y músicos procedentes de todo el mundo, desde China a Costa Rica, desde Malí a Malasia, mujeres y hombres, se han reunido para divulgar un mensaje de unidad y solidaridad: somos “One Woman”, una sola mujer.
Esta canción, que se presentará en el Día Internacional de la Mujer, el 8 de marzo de 2013, es un clamor que inspira a quien la oye y que anima a promover los derechos de las mujeres y la igualdad de género.
Si haces click en la imagen podrás escuchar la canción.
Segunda sesión do club lector
Xa temos a vosa disposición na biblioteca algúns exemplares do libro que imos traballar na segunda sesión.
A reunión terá lugar a volta das vacacións de Pascua. En canto teñamos a data fixa se indicará en taboleiros, marco dixital, blog, etc.
De momento xa tedes o libro a vosa disposición na biblioteca.
Animádevos a participar!