V CONCURSO ESCOLAR DE FOTOGRAFÍA DIXITAL E CURTOMETRAXES

Co gallo do Día Internacional da Muller  Traballadora, que  se celebra o vindeiro 8 de marzo, informámosvos dun concurso organizado polo Centro de Atención á Muller do Concello de Sarria. Atoparedes neste blog a ficha de inscripción e as bases do concurso.

Anímate e participa. Lembra que na edición do 2011 resultou gañadora unha alumna que actualmente cursa estudos de 2º de bacharelato no noso instituto.2013

 

Bases do Certame

Ficha de inscripción

DÍA DOS NAMORADOS

Namorados-Xograr-1Para festexar este día tan especial – que por certo ten unha orixe que non é puramente comercial – fixemos unha pequena exposición. Nela podedes atopar dende poemas de amor clásicos, poesías presentadas por alumnas e alumnos de 2º ESO, unha sinxela mostra de películas vencelladas a esta temática, así como libros de divesras literaturas ( española, galega, inglesa, francesa, italiana, etc) que narran historias de amor. Que vos guste!!

No entroido….

…. un pouco de todo. Dunha banda novidades que temos a vosa disposición para estes poucos días de asueto.Novidades entroido

Diversos libros de literatura española, comics de temas históricos, películas de temáticas variadas. Todo ilo para consultar no revisteiro da entrada e para pedir como préstamo nos recreos.

E doutra unha compreta exposición de carautas, laborioso traballo realizado polos alumnos de Atención a Dependentes coordinados pola súa profesora María Frade.

Exposicion Carautas