SUXERENCIAS INTERESANTES…

…As que todos vos, alumnos, profesores, persoal non docente, pais e nais, que deixastes na caixa de correos da campaña ” Os libros dan de comer no Xograr“. Unha campaña que nos permitiu recoller moitos alimentos para os máis necesitados e ao mesmo tempo recadar ideas de cousas que  cada un de nos leu e lle gustou de forma sobranceira. Unhas cantas propostas – organizadas por niveis, ESO, bacharelato e adultos – que tedes a vosa disposición no corredor da biblioteca. Delas sempre se poden sacar cousas interesantes. 

 Grazas a todos por participar nesta dobre proposta!