Para deixar un comentario sobre a obra neste blog só tes que premer ao fondo deste artigo en
Deixar un comentario.
Abrirase unha fiestra para que escribas o que nos queiras contar no cadrado que aparece baixo o epígrafe
Deixar unha resposta.
É necesario ter unha dirección de correo electrónico que non será publicada. Cando o teñas rematado, só tes que premer en
Enviar o comentario.
Engaiolante!
A guerra, a perda, a soidade, a incomunicación, o amor e a amizade tecen os fíos desta pequena e aparentemente “sinxela” obra.
O punto de vista masculino, a brevidade nas frases, a reflexión emocional e os latexos líricos condúcennos a un final desasosegante e inesperado que conmove e invita á relectura da obra.
Voltamos a ler e atopamos as claves : a inconmensurable saudade do desarraigo, a tráxica dor da perda da identidade…. o que podería experimentar calquera de nós diante duns feitos semellantes. E a salvación desta loucura : unha presada de terra e Sang Diu, a “neta” do señor Linh.
Realmente alucinante que una novela tan breve sea capaz de transmitir tantas emociones distintas, desde una gran esperanza y alegría hasta la más dura tristeza.
Me quedo con tres ideas: la crueldad de las guerras, lo innecesario de tener una misma lengua cuando de sentimientos se trata y el amor y entrega de un abuelo por su nieta. Seguro, seguro que volveré a leerla.
Gran novela, curta, pero intensa. Dende o inicio vense moitas cousas da sociedade actual, algunhas que nos atinxen directamente, outras que (afortunadamente na actualidade) nos tocan de lonxe. Quédome con ese rol do abo, tan dos tempos que corren, pero neste caso levado a extremos moi extremos. Esa forza dunha persoa de idade por salvar a vida dunha cativa. Non é cecais unha novela para difrutar, máis ben para pensar sosegadamente sobre a vida e moitas cousas que a rodean.