25 de novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O domingo 25 de novembro se conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O Departamento de Orientación do noso instituto, propón unidades didácticas para traballar nas aulas a partir do corto “Amores que matan” de Icíar Bollaín ou Spots gañadores do certamen “- es + no 1º e 2º curso de ESO, “Te doy mis ojos” tamén de Icíar Bollaín para 3ºº de ESO, e a mesma película ou a miniserie de TVE  “No estás sola, Sara” para os restantes cursos.

Dende a biblioteca, querémonos unir a esta iniciativa, propoñendo a lectura dalgúns libros sobre o tema:

  • El diario azul de Carlota de Gemma Lienas

O diario azul de Carlota non é exactamente unha novela nin tampouco un diario, senón un libro dacabalo entre a ficción e a non-ficción que trata todas estas formas de violencia e ofrécenos recursos para defendernos ante situacións de perigo.

  • Quiéreme bien de Rosalind B. Penfold

Hai anos Rosalind atopou a Brian, un home viúvo con catro fillos, disposto a buscar unha compañeira con quen compartir unha nova vida. Ao principio, a súa foi unha relación apaixonada, e para Rosalind era difícil distinguir nos xestos e as palabras de Brian os primeiros signos de violencia.Os meses foron pasando, e ese home romántico revelouse como un ser posesivo, incapaz de respectar a liberdade de quen lle rodeaban.

  • El color púrpura de Alice Walker

A historia céntrase na vida de Celie, unha nova rapariga de cor, a principios de século. Celie ten 14 anos e está embarazada do seu propio pai. Continúa así a súa difícil existencia 30 anos máis. Pero Celie ten unha obsesión: aprender a ler. Non cella no seu empeño e conségueo. Aínda que o marido, o señor, llo prohibe, escóndelle as cartas, mállaa, ela apáñase para aprender a ler, mellorar a súa lectura e mediante a lectura, sobre todo das cartas da súa irmá, descobre algo do mundo e vai paulatinamente logrando un pequeno lugar na sociedade. Cinco mulleres de cor de diferentes formas vanse liberando das escravitudes.

  •   5X2=9 de Ángeles Caso, Espido Freire, Rosa Regàs, Eugenia Rico y Lourdes Ventura

Cinco escritoras españolas comprometidas contra a violencia de xénero reuníronse individualmente con outras tantas mulleres de distintas idades e clases sociais que nalgún momento das súas vidas, en ocasións ao longo de moitos anos, sufriron malos tratos por parte das súas parellas. A palabra da quinta desas mulleres, asasinada anos atrás polo seu maltratador, cobrou vida en boca do seu fillo, e ese relato pecha o libro.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en ACTIVIDADES 2012-2013, CONMEMORACIÓNS, suxerencias de lecturas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s