* Carnets
Procedeuse a entregar todos os carnets aos alumnos novos no centro, fundamentalmente dos cursos 1º ESO, 1º Bacharelato, 1º PCPI e 1º Ciclo Medio de Atención Sociosanitaria. É importante verificar que o número do DNI é correcto, de non ser así pasar nos recreos pola biblioteca para correxilo. Igualmente se hai alumnos novos noutros niveis ( 2º,3º,4º ESO, 2º Bacharelato…) pasar nos recreos para solicitar dito documento.
—————————————————————————————————————————
* Libros lectura obligatoria
Imos poñe
ndo na sección ” lecturas programadas” os libros de lecturas obligatorias das diferentes materias que así o determinaron. Xa tedes os de Lingua Castelá para todo o curso, así como os de Galego do 1º trimestre. Lembramos que tedes exemplares a vosa disposición na biblioteca, ubicados agora nunha estantería a carón da mesa do profesor.

—————————————————————————————————————————
* Aportar todos e todas
A carón da conserxería existe un taboleiro de cortiza onde podedes aportar novas moi variadas que consideredes de
interese para a comunidade escolar. Preténdese que sexan profesores, alumnos, persoal non docente, pais e nais os
que aporten cousas a este taboleiro e que permítase afondar nelas buscando información na biblioteca. Considerase que a permanencia ideal de cada noticia é unha semana. Grazas pola colaboración.

que aporten cousas a este taboleiro e que permítase afondar nelas buscando información na biblioteca. Considerase que a permanencia ideal de cada noticia é unha semana. Grazas pola colaboración.