BENVIDOS Á BIBLIO

Un novo curso acaba de arrincar e dende a biblio dámosvos á benvida. Aquí tedes o horario de atención ao alumnado por parte do grupo de profesores que forman parte o equipo
PRÉSTAMOS E DEVOLUCIÓNS
Como sabedes doutros anos os préstamos e devolucións de libros, películas, outros fondos fanse exclusivamente en horario de recreo, é dicir de 11h15 a 11h45 de luns a venres. Grazas por respetalo e facilitar así o traballo dos profesores e profesoras da biblioteca.
 
COLABORACIÓN
Agradécese a todos e todas que cando estedes na biblioteca abrades todas as persianas para que entre luz natural. É unha forma de aforro de enerxía e de evitar un espazo con moita calor pola luz artificial. Igualmente se saides e non queda ninguén apagar as luces si estivesen encendidas. Grazas anticipadas
 
MEDIOS E NORMAS
Na biblioteca tedes a vosa disposición (ordenadores con conexión a internet), xogos de mesa variados e un equipo de música para escoitar baixiño ou con auriculares. Lembramos que para usar os ordenadores ten que ser cando hai profesorado de garda na biblioteca e tedes que cubrir unha folla con certos datos que se piden e que está nunha libreta xunto a eles. O mesmo pasa cos xogos, para xogar con eles ou levalos á clase, hai que cubrir uns datos e tachalos cando se devolve. Para o equipo de música tedes o mesmo sistema e existe un libriño onde indícase o seu funcionamento. GRAZAS POR CUBRIR ESAS FOLLAS E RESPETAR CORRECTAMENTE AS NORMAS
 
VISITAS DE COÑECEMENTO
En breve os alumnos novos no centro  (1º ESO, 1º Bacharelato, 1º PCPI, 1º Ciclo Formativo) serán citados na biblioteca para coñecer as súas instalacións e o funcionamento das mesmas, puidendo posteriormente facer un correcto uso delas.
 
CARNETS
Estase traballando xa na elaboración dos carnets de biblioteca para todo o alumnado, profesorado e persoal non docente novo no centro. En canto estean todos, entregaranse a cada un. Lembrade que o número do carnet ou do DNI é necesario para os préstamos de fondos.
 
CURRUNCHO PRENSA
No vestíbulo do instituto, xunto no curruncho debaixo das escaleiras, está habilitada unha zona para a lectura de xornais, revistas, publicacións cotidiáns. Agradécese que o deixedes ordenado, seguindo as indicacións alí postas.
 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

A %d blogueros les gusta esto: