Estes días de principios de febreiro dúas actividades variadas ofértanse na biblioteca. Dunha banda un xogo pedagóxico on line co gallo do día do Día Internacional do Cancro, 4 de febreiro, para tomar conciencia da importancia de cuidar a nosa saúde o máximo posible. E doutra, a semana próxima, unha completa exposición de libros e películas con motivo do 14 de febreiro, o día dos namorados.
Anímate e participa!!!
Sempre me gustaron as bibliotecas. Case aprendín a ler nelas e tamén aprendín e sigo a aprender a cotío molleiras de cousas.
Moito ánimo para seguir adiante e moito amor (é o día) polos libros.
Un saúdo