ACTIVIDADE LINGÜÍSTICA NO CAMIÑO DE SANTIAGO

Un total de 30 alumnos do IES Xograr Afonso Gómez, pertencentes a 3º e 4º da ESO, asi como 1º de Bacharelato, participaron nunha actividade lingüística no Camiño de Santiago proposta polo departamento de Francés.

A primeira parte da mesma consistía en buscar peregrinos francófonos en diversos puntos da senda xacobea ó seu paso por Sarria, dende Vigo de Sarria ata a Ponte Áspera, incluindo ademáis lugares frecuentados polos que fan este itinerario como son as estacións de bus e tren, os supermercados, o exterior do centro médico, a oficina de turismo, etc. O obxectivo era falar com eles en francés, preguntándolle por aspectos da súa viaxe, vivencias que se podían recoller en papel e lápis ou ben recurrir ás novas tecnoloxías chamadas cámaras dixitais de foografía ou vídeo, grabadores de son, teléfonos móbiles, MP3 ou MP4, etc.

A segunda parte da actividade tiña a mesma estructura pero levábase a cabo con persoas sarrianas que por razóns de índole diversa – familiar, traballo, emigración, sociais, culturais, etc –aprenderan francés no seu momento e o empregan sobre todo nas súas ocupacións laborais cotidiáns. Un cuestionario gramatical, baseado en diversos monumentos de Sarria, foi a terceira parte desta actividade que veu acompañada dun día moi primaveral.

Advertisements

1 comentario

Arquivado en Sen clasificar

Unha resposta a “ACTIVIDADE LINGÜÍSTICA NO CAMIÑO DE SANTIAGO

  1. Pingback: Aprendendo francés a pé do camiño de Santiago | Botóns