PREMIO PARA UNHA ALUMNA DO XOGRAR

Lucía Rodríguez Campo, alumna de 4º ESO del IES Xograr Afonso Gómez de Sarria, acadou o terceiro premio no concurso internacional de fotografía, organizado por Franc Parler (membro da Organización Internacional da Francofonía). O primeiro premio correspondeu a un alumno dun colexio palestino e o segundo para dúas estudiantes dun centro escolar de Vila-Real en Castellón.

A actividade en si, proposta dende o departamento de francés, consistía na realización de fotografías de vivendas variadas do entorno onde viven os alumnos. A maiores engadíaselle unha pequena descripción da mesmo, creando unha galería con todas elas.

Na actividade en si participaron alumnos de 3º e 4º ESO, que amosaron imaxes moi diversas das casas galegas. A alumna sarriana, cuxa foto titulouse “ Villa triste” – triste chalet – recibirá como premio material educativo da editorial Phaidon, patrocinadora do concurso.

Advertisements

1 comentario

Arquivado en Sen clasificar

Unha resposta a “PREMIO PARA UNHA ALUMNA DO XOGRAR

  1. Pingback: ‘Villa Triste’, unha foto con premio | Botóns