23 de abril -Día Internacional do Libro

Sabiades que esta data foi elixida pola UNESCO porque nela conmemórase a morte de dous dos máis grandes escritores de todos os tempos? Pois si, ese día de 1616 desapareceron Shakespeare e Cervantes.

Para celebrar esta importante data, un ano máis vos presentamos unha exposición de estupendos traballos feitos polos alumnos do “Xograr”. Non vola perdades porque os hai para todos os gustos: murais estupendos, traballos monográficos, esculturas científico-literarias, crebacabezas… e o noso protagonista deste ano: un cabaleiro un tanto desmellorado, cuxo nome non quero lembrar, que nos invita a todos a ler para non volvernos uns “calaveras”.

Moitas grazas a todos os participantes.

Disfrutade da exposición que está no corredor do edificio vello do centro e máis na biblioteca entre os días 11 e 30 de abril.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

Os comentarios están pechados.