LETRAS GALEGAS

Este ano, o día das Letras Galegas está adicado ao  poeta do Courel UXÍO NOVONEYRA. Dende a nosa biblioteca, queremos rendir a nosa pequena homenaxe cun dos seus poemas caligráficos.

No corredor do edificio principal tedes unha exposición sobre o autor, e na biblioteca están expostas as súas obras para que poidades ler algún dos seus poemas.

CLUB LECTOR

O próximo martes 25 de maio, ás 15:30 h. na biblioteca do centro, celebraremos a terceira reunión do noso club de lectura “O Xograr Lector”, nesta ocasión o libro escollido é:

     “FINIS MUNDI”   da autora LAURA GALLEGO

Francia. Ano 997 da nosa era. Michel, un monxe cluniacense, decide embarcarse nunha misión imposible. Segundo as revelacións do ermitán Bernardo de Turingia, o fin do mundo achégase e só hai un xeito de salvar a humanidade: invocar o Espíritu do Tempo. Pero antes é preciso recuperar os tres eixes sobre os que se sustenta a Roda do Tempo. Onde se atopan? Ninguén o sabe

Mentras chegan os libros a biblioteca, na web da autora podedes atopar o primeiro capítulo da obra:http://www.lauragallego.com/

Por certo, trae pensada a túa recomendación de lectura

para o verán.

                  

    ANÍMATE, ESTÁMOSTE AGARDANDO!!!!!!!!