Día internacional do Libro – 23 de abril

Para conmemorar esta importante data, un ano máis vos presentamos unha exposición de estupendos traballos feitos polos alumnos do Xograr. Non vola perdades porque hai para todos os gustos: murais con sorpresa detrás das portas, “collage” ou composicións do máis orixinal, unha árbore que se le, una cámara fotográfica para lectores, monografías sobre diversos autores…

 

Este ano, ademais de Cervantes ou Shakespeare, os autores que máis traballos inspiran, están moi presentes Miguel Delibes (un dos nosos máis queridos premios Cervantes, que faleceu o día 12 de marzo) ou Miguel Hernández (xa que durante este ano 2010 conmemoramos o centenario do seu nacemento).

 

Tampouco esqueceron os alumnos un importante acontecemento que tamén tivo lugar no mes de marzo: o “Lazarillo de Tormes” deixou de ser unha obra anónima, tras confirmarse a autoría de Diego Hurtado de Mendoza.

 

  Moitas grazas a todos os participantes.

Disfrutade da exposición que está no corredor do edificio vello do centro e máis na biblioteca. Vede aquí unha pequena mostra:

[kml_flashembed movie=”http://w259.photobucket.com/pbwidget.swf?pbwurl=http%3A%2F%2Fw259.photobucket.com%2Falbums%2Fhh281%2Fbiblioxograr%2Fdiadolibro%2F50ed8c29.pbw” width=”480″ height=”360″ wmode=”transparent” /]