CONCURSO: “PASADOS POR AUGA”.

A  Biblioteca do Xograr, con motivo do día mundial da auga, organiza un CONCURSO con dúas modalidades: unha para ESO e outra para BAC. Os que queirades participar non tedes máis que recoller na Biblioteca os cuestionarios e, unha vez cumprimentados, volvelos a entregar na Biblioteca.

Dentro de cada modalidade , entre os que teñan todas as respostas correctas, sortearanse estupendos premios que servirán para protexerse da choiva esta primavera.

“DIA MUNDIAL DA AUGA 2010”

 [kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/cwUQeDBDwkk" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

ONU-Auga dedica o Día Mundial Auga 2010 ao tema da calidade da auga coa finalidade de demostrar que na  xestión dos recursos hídricos a calidade  é tan importante como a cantidade.

O Día Mundial da Auga en 2010 ten dous obxectivos:

  • Fomentar a concienciación no que se refire á conservación dos ecosistemas sans e do benestar humano abordando os crecentes desafíos en relación coa calidade da auga que se plantexan á xestión dese recurso, e
  • Resaltar o tema da calidade da auga exhortando a gobernos, organizacións, comunidades e persoas en todo o mundo a que adopten medidads en telación con ese tema e realicen actividades de prevención da contaminación, limpeza e rehabilitación, entre outras.

No seguinte enlace podes calcular o teu consumo de auga (a túa pegada hídrica) e averiguar como diminuíla.

http://alianzaporelagua.org/index.php?option=com_content&task=view&id=153&Itemid=9

RESOLUCIÓN DO CONCURSO “FEBREIRO: MES DO AMOR”

Xa temos gañadora do concurso “FEBREIRO: MES DO AMOR”. Trátase da alumna

Tania Cotardo Valcárcel   de 1º bac. B.

  coas 14 respostas correctas.

NORABOA!!!!!

 Se tedes curiosidade por saber as respostas correctas, aquí tedes as solucións:

Amor sensual

Texto 1: “Canto pra ter favores de Venus”, Muller pra lonxe de Uxío Novoneira.

Texto 2: “Dos cuerpos”, Libertad bajo palabra de Octavio Paz.

Amor á lingua

Texto 3: “Estou contigo”, Made in Galiza de Séchu Sende.

Amor filial

Texto 4: “Damiana de Mercador”, Patria do mar de Darío Xohán Cabana.

Amor verdadeiro

Texto 5: “Para vivir no quiero”, La voz a ti debida de Pedro Salinas.

Texto 6:  “Ameite tanto esta tarde”, Sétima soidade de Pilar Pallarés.

Amor clásico

Texto 7: Don Juan Tenorio (fragmento) de José Zorrilla.

Amor perdido

Texto 8: Rima XXXI de Gustavo Adolfo Bécquer.

Texto 9: “Puedo escribir los versos más tristes esta noche”, Veinte poemas de amor y

                 una canción desesperada de Pablo Neruda.

Declaración de amor

Texto 10: Soneto V de Garcilaso de la Vega

Texto 11: “Uf”, Made in Galiza de Séchu Sende

Amor eterno

Texto 12: “Amor constante más allá de la muerte”, soneto de Quevedo.

Amor romántico

Texto 13: Rima XXI de Gustavo Adolfo Bécquer.

Texto 14: “Unha vez tiven un cravo”, Follas Novas de Rosalía de Castro.

Noraboa!!

3ª SESIÓN DO CINEFÓRUM

O mércores, aínda que sexa día 3 de marzo, rematan as actividades do “mes do amor” coa última  sesión do cinefórum. A peli escollida esta ocasión é a comedia romántica

SABRINA

na versión dirixida no ano 1954 por Billy Wilder, que conta no seu reparto con Humphrey Bogart e Audrey Hepburn.

Tamén aproveitamos para mostrarvos algunhas das fotos doutra das actividades do mes de febreiro: “A COCIÑA DO AMOR”, na que participou o alumnado de 3º de ESO e do ciclo formativo.

 

 

 

 Agradecemos ao DEPARTAMENTO DE INTERVENCIÓN E SERVIZOS Á COMUNIDADE, a súa importante colaboración no desenvolvemento destas actividades .