Hoxe pola tarde, tivo lugar a primeira reunión do noso Club de Lectura, no que comentamos a obra Buscando a Violet Park” coa que Jenny Valentine obtivo o premio The Guardian children’s fiction prize 2007.


Aínda que botamos de menos a algúns alumnos e alumnas membros do club que xa remataron a sua andaina no Xograr, a Sabela e algúns “profes”, temos a sorte de contar con novas incorporacións de alumnado e profesorado que aportan unha brisa de aire fresco. E como non,  tamén contamos co entusiasmo de Sandra e  María!

Visita da escritora Marica Campo

O día 19 de novembro,  tivemos o pracer de recibir no noso IES  a escritora nacida no  Val do Mao, Marica Campo. Conversou animadamente co alumnado de 2º de ESO sobre  o seu libro “E Xoel aprendeu a voar”.

A visita foi organizada coa colaboración do Departamento de Lingua Galega e o Equipo de Normalización Lingüística do Xograr.

Se queres coñecer algo máis da súa vida e obra ou incluso escoitar na súa propia voz Confeso que estou tola,  visita a Biblioteca Virtual Galega.

ANO DARWIN, 2009: “E MALIA TODO EVOLUCIONAMOS”

TODO O QUE NOS  RODEA: O UNIVERSO, A TERRA , OS SERES VIVOS QUE A HABITAMOS, CAMBIAMOS, TRANSFORMÁMONOS, EVOLUCIONAMOS…

DARWIN TIVO O MÉRITO DE SER O PRIMEIRO QUE PROPUXO UNHA TEORIA CIENTÍFICA SOBRE O MECANISMO QUE CONDUCE Á EVOLUCIÓN DOS SERES VIVOS, ISTO É, A SELECCIÓN NATURAL. DEUNA A COÑECER AO MUNDO COA SUA OBRA: “A ORIXE DAS ESPECIES”. O 24 DE NOVEMBRO CÚMPRESE O 150 ANIVERSARIO DA SÚA PUBLICACIÓN .

el origen de las especies

A IDEA DE DARWIN NON SEMPRE FOI, NIN É, BEN ACOLLIDA; ATA O PUNTO DE QUE HAI PAISES NOS QUE NON SE PERMITE EXPLICA-LA NA ESCOLA. DAMOS GRACIAS A DEUS DE QUE ESPAÑA NON SEXA UN DELES E A CIENCIA, E AS OPINIÓNS QUE POIDA SUSCITAR, CIRCULEN LIBREMENTE POLAS AULAS.

DENDE A BIBLIOTECA  CELEBRÁMOLO REALIZANDO AO LONGO DESTE MES UNHA SERIE DE ACTIVIDADES . CONVIDÁMOSTE A QUE TE ACHEGUES Á  IDEA DE DARWIN DE FORMA DIVERTIDA. ÁNIMO, TI TAMÉN DEBES EVOLUCIONAR!

Este power point te aclarará moitos aspectos da vida de Darwin e da súa obra.

http://static.slidesharecdn.com/swf/ssplayer2.swf?doc=dar22-091203115906-phpapp02&stripped_title=dar22

Atréveste agora coas seguintes actividades?

♦  ACTIVIDADE  1 : DARWINCRUCILLADO

♦  ACTIVIDADE 2: MARCAPÁXINAS

QUERES COÑECER A HISTORIA EVOLUTIVA DO HOME, A TÚA HISTORIA? http://static.slidesharecdn.com/swf/ssplayer2.swf?doc=lucy-copia-091129113839-phpapp02&stripped_title=lucy-copia-2607701

♦ ACTIVIDADE 3: TRAS OS PASOS DE LUCY

♦ ACTIVIDADE 4: INVESTIGA O TEU PASADO