Concurso Big Challenge

Photobucket

María Vila e Tania Cotardo, alumnas do instituto Xograr Afonso Gómez de Sarria quedaron entre as 50 mellores de España no concurso Big Challenge que avaliou o nivel de cultura, gramática e pronunciación de inglés de 35.000 alumnos de toda España.

Ambas estiveron entre os cinco mellores de Galicia e outros catro compañeiros quedaron entre os dez mellores dos 700 que fixeron a proba na comunidade.

A proba consistiu nun examen de 55 preguntas tipo test, a maioría de gramática. No apartado sobre cultura anglosaxona había preguntas tan curiosas como o nome da capital de Canadá, como se chamaba o barco que levou aos primeiros colonos a Estados Unidos ou si o avó de Obama era negro.

Parabéns por este premio aos alumnos e á súa profesora Elena Morado.

Pitágoras

Somos José Javier e Kevin. Fixemos este traballo sobre Pitágoras porque o consideramos un personaxe interesante do que no sabiamos nada, así que nos espertou a curiosidade por saber máis del. Pareceunos interesante coñecer algo da súa vida, os seus descubrimentos…