ANO INTERNACIONAL DA ASTRONOMÍA

A UNESCO declarou 2009 o Ano Internacional da Astronomía:

· Para conmemorar que se cumpren 400 anos dende que Galileo Galilei observou por primeira vez o ceo cun telescopio fabricado por el mesmo.

( Unha réplica dese telescopio consérvase no Museo de Ciencia de Florencia).

· Promover o importante papel das mulleres astrónomas.

Podes descargar un interesante calendario sobre “Astrónomas que fixeron historia” na seguinte dirección:

http://astronomia2009.es/lista_novedades/Calendario_Ella_es_una_Astronoma.html

· E finalmente concienciar a poboación sobre o problema ambiental da contaminación lumínica que, sobretodo nas cidades, non permite que vexamos as estrelas.

http://www.elpais.com/especial/astronomia/

VISITA Ó CENTRO DE FUTUROS ALUMNOS

O DIA 12 DE FEBREIRO RECIBIMOS A VISITA DOS POSIBLES FUTUROS ALUMNOS pertencentes ós Centros adscritos de Primaria: SAMOS, O INCIO e SARRIA.

Baixo a influenza amorosa da proximidade da celebración de San Valentín, realizamos divertidas actividades, que nos serviron para coñecermos e pasar un bo rato.

GRAZAS POLA VISITA E ATA PRONTO!!!

14 de febreiro, San Valentín

“Poñede atención:

un corazón solitario

non é un corazón”.

Antonio Machado.

DEIXADOS ATRÁS “EROS” E “CUPIDO”, DEUSES DO AMOR DA MITOLOXÍA GREGA E ROMANA E, DENDE O ANO 498 VIMOS CONSIDERANDO COMO PATRONO DOS NAMORADOS A UN MARTIR CRISTIÁ: SAN vALENTÍN.

ALGO DE MÚSICA E POESÍA PARA CELEBRALO?

LEMBRADES A LUCÍA PÉREZ? fOI ALUMNA DO CENTRO, NATURAL DO INCIO E CANTA ASÍ DE BEN. UN BICO, LUCÍA!

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/hFfNxPVYhQg" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

UN POUCO DE POESÍA, LIDA OU CANTADA? MIRADE QUE AMOR DE ENLACE!:

http://blog.educastur.es/poesia/acerca-de/