2009: ANO DE DARWIN

юбовь для всех живых существ – это более благородный признак человека.

“L’amore per tutte le creature viventi è il più nobile attributo dell’uomo.”

“Die Liebe für alle lebenden Kreaturen ist die adligere Eigenschaft des Mannes.”

“L’amour par toutes les créatures vivantes est attribut le plus noble de l’homme.”

“The love for all the living creatures is the most noble attribute of the man.”

האהבה לכל היצורים החיים הוא התנוכה היותר אצילה של האיש

“El amor por todas las criaturas vivas es el atributo más noble del hombre”

すべての生きている生きものに対する愛は男の最も気高い特質です

“O amor por tódalas criaturas vivas é o atributo máis nobre do home”

CHARLES DARWIN , naturalista inglés (1809-1882)

2009 é o ANO DE DARWIN, xa que se commemoran os 150 anos da publicación da súa obra “A ORIXE DAS ESPECIES” . Nela recóllese unha das teorías científicas máis importantes (e controvertidas) da historia da humanidade, a EVOLUCIÓN. Ademáis o 12 de Febreiro é o 200 aniversario do seu nacemento.

EVENTOS RELACIONADOS:

. CICLO DE CONFERENCIAS: “200 ANOS DO NACEMENTO DE DARWIN” . Coordenado polo Dr. Santiago Merino, terá lugar no  MUSEO NACIONAL DE  CIENCIAS NATURAIS en MADRID. http://www.sam.mncn.csic.es/conferencias.php

. CICLO DE CONFERENCIAS: “O RITMO DA VIDA: EVOLUCIÓN E BIODIVERSIDADE”. Organizado pola FUNDACIÓN COSMOCAIXA DE MADRID http://www.sesbe.org/sites/sesbe.org/files/Ciclo_cosmocaixa.pdf

. EXPOSICION: “DARWIN BIG IDEA BIG EXHIBITION” .  Ata  o 19 de abril de 2009  no NATURAL HISTORY MUSSEUM DE LONDRES.  http://www.darwin200.org/

. EXPOSICICIÓN: “O ABRAIO DE DARWIN”. A partir de xuño nos MUSEOS CIENTÍFICOS CORUÑESES. www.casaciencias.org/cas

. EXPOSICIÓN: “A EVOLUCIÓN DE DARWIN”. NA SEGUNDA MITADE DO ANO NO MUSEO DE CIENCIAS NATURAIS DE MADRID. www.mncn.csic.es

LIBROS SOBRE O TEMA QUE ESTÁN Á TÚA DISPOSICIÓN NA BIBLIOTECA:

. “El viaje de la evolución (el joven Darwin)”  de Vicente Muñoz Puelles . Edit. Anaya. Relata as andainas do xove Charles. Novela de agradable lectura.

. “¿Juega Darwin a los dados? “de Rafael Loahoz Beltra. Nivola Libros. Inclúe un CD que permite simular na pantaia do ordenador o proceso de adaptación, loita pola existencia, reproducción e extinción que rixe a historia da vida no noso planeta e que comezou a comprenderse no momento en que o gran Charles Darwin nos abriu os ollos hai 150 anos. Unha pasada!

.De viaje con Darwin” de Luca Novelli. O autor emprende a mesma viaxe que realizou Darwin e escribe a súas experienzas como naturalista. Interesante e ameno.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en ANO DARWIN

Os comentarios están pechados.