Pasiño a pasiño foi chegando decembro. Cumprindo coa tradición de todos os anos, celebramos un Concurso de Beléns. Aquí están os gañadores. Noraboa para eles e grazas a todos os participantes.
Mes: Decembro 2008
CONFERENCIA:”O MENOR E A CONSTITUCIÓN”
A Maxistrada dona Susana Vázquez Mariño, falou ante os alumnos de 4º de eso da responsabilidade penal dos menores de idade que cometen actos delictivos. En resume veu a deixar ben claro que os menores, se ben teñen moitos dereitos, tamén teñen certos deberes e deben cumprir certas normas e leis igual que os adultos.
Non temos grabada a súa interesante intervención. Máis para recordarvos o tema podedes ver o seguinte video dun Xuiz de Menores Emilio Calatayud, coñecido polas súas sentenzas exemplares. Estas son algunhas delas:
. Condena de 100 horas de clases de informática a un rapaz por crackear varias empresas granadinas provocando danos por valor de 2000 euros.
. 100 horas ó servicio da comunidade patrullando xunto á Policia Local por conducir temerariamente e sen permiso.
. 50 horas debuxando un comic de 15 páxinas, no que conta a causa pola que o condenan, conducir un ciclomotor sen seguro; ademáis de visitar á planta de traumatoloxía do Hospital de Granada.