QUEN DESCUBRIU…?

  • Como sabían a hora os nosos antepasados?
  • Dende cando existe o ascensor?
  • Como xurdiu Internet?
  • Por que o arco da vella adoita saír logo da choiva?

“A curiosidade foi un dos motores da intelixencia humana. É case seguro que, fai un millón de anos, algún homínido primitivo contemplase alelado o arco da vella logo dunha tormenta e se preguntara que era iso.(…) Para coñecer o mundo hai que esforzarse e correr algún risco.
Temos a sorte de que para coñecer o mundo hoxe non hai que partir de cero nin correr grandes riscos. Cando se aprendeu a escribir, os libros convertéronse en almacéns de coñecementos, que están
á nosa disposición. Aínda que esteamos afeitos e non nos asombremos por iso, saber é case gratis. O único que require é un pouco de traballo: buscar un libro, lelo con atención… e gozar do que descubriron con moito esforzo mulleres e homes que nos precederon.”

Ricardo Gómez

http://w259.photobucket.com/pbwidget.swf?pbwurl=http://w259.photobucket.com/albums/hh281/biblioxograr/quendescubriu/88e783ab.pbw

Anímate a aprender con estes libros que che presentamos realizando a seguinte actividade:

QUEN DESCUBRIU…?♣

Seguir lendo “QUEN DESCUBRIU…?”