CONCURSO ESCOLAR DE RECOLLIDA DE CARTUCHOS BALEIROS

O NOSO CENTRO ESTÀ A PARTICIPAR NUN CONCURSO DE RECOLLIDA DE CARTUCHOS BALEIROS DE IMPRESORA. ADEMÁIS DO PAGO POR CADA UN, OS CENTROS QUE MÁIS CARTUCHOS RECICLEN , PODERÁN ACEDER A OUTROS PREMIOS. ESTES CARTOS EMPREGARANSE PARA AS EXCURSIÓNS. AS BASES DO CONCURSO ESTÁN EN www.recoatlantico.es

POR CADA CARTUCHO DE IMPRESORA QUE SE RECICLA, AFÓRRANSE 3 LITROS DE PETRÓLEO!!!

RECICLANDO, GANA O MEDIO AMBIENTE E GANAS TI!!!

APRENDENDO A SER COLIBRÍS: CHARLA E TALLER SOBRE SOSTIBILIDADE

Contan os guaranís cun día houbo un enorme incendio na selva. Todos os animais fuxían alporizados do terrible lume. De pronto, o xaguar viu voar sobre a súa cabeza un colibrí… en dirección contraria, é dicir, cara ó lume. Estranoulle, máis non quixo deterse. De seguida, viuno pasar de novo, esta vez na súa mesma dirección. Observou este ir e vir repetidas veces, ata que decidiu preguntar ó paxariño:
– ¿Que fas, colibrí?
– Vou á lagoa -respondeu a ave- collo auga co pico e bótoa no lume para apagalo.
O xaguar esbozou un sorriso. ¿Estás tolo? – díxolle- ¿Coidas que vas conseguir apagalo ti so e co teu pequeno pico?
Ben- respostou o colibrí- eu fago a miña parte… E dicindo esto, marchou por máis auga á lagoa.

CONTO POPULAR

Hoxe estiveron no noso centro membros da ONG “Amigos da Terra” para dar unha charla de sensibilización sobre cooperación ambiental.
Os alumnos de 1º de eso aprenderon o que significan expresións como consumo responsable,  modo de vida sostible e comercio xusto.
¿Que opinades da calidade dos productos de comercio xusto?
Esperamos a vosa opinión sobre a charla, o taller, etc.