FESTA DE HALLOWEEN

Podería parecer que a Festa de Halloween é exclusiva de Estados Unidos. Máis as súas oríxes datan da época dos Celtas ( hai 2.500 anos), e foi exportada alí por emigrantes, sobre todo irlandeses, no século XIX. A forza expansiva da cultura de Estados Unidos fixo que Halloween se popularizara tamén noutros países.

A palabra Halloween é unha deformación de All Hallow’s Eve, que en inglés tradúcese como “Víspera de Tódolos Santos”. Este foi o nome que lle deron os cristiás a certa festividade celta que, por casualidade, tiña moito que ver con este tema: Samhainn. Esta festividade sinalaba o final do verán, correspondendo coa última colleita. Este nome en gaélico fai referencia, precisamente, ó día 1 de novembro, segundo o calendario céltico.

Unha das múltiples crenzas populares é que nesta noite os espritos dos mortos regresan ó mundo dos vivos e visitan as casas dos seus parentes. Para non seren molestados polos espíritos deberá poñerser unha vela na ventá por cada difunto da familia.

Queres pasar un momento verdadeiramente terrorífico en compañía de esqueletos, bruxas, pantasmas, arañas, morcegos e outros bichos horripilantes?

ENCRUCILLADO♣

PASEO POLA XEOGRAFÍA E A ARTE …

…DAS PROVINCIAS DE LUGO, OURENSE E ZAMORA.

O pasado 20 de outubro, alumnos de Xeografía e Arte de 2º de Bac. viaxaron polas citadas provincias, realizando diversas visitas: Santuario das Ermidas (O Bolo), Morrenas de Chaguazoso (Vilariño de Conso), Parque Natural do Lago de Sanabria (Lago e Centro de Interpretación).

Non cabe dúbida de que debeu ser moi interesante. Xa sabedes: esperamos a vosa opinión sobre a viaxe!

XA ESTAMOS AQUÍ DE NOVO

Comeza un novo curso e a biblioteca abre de novo as súas portas con novidades que vos iremos contando nos vindeiros días. Aínda que por problemas técnicos nós non fixemos ningunha anotación no blog, xa empezamos a recibir comentarios…

Destacamos un, a modo de conto, que nos parece moi intersante. E vós que pensades?

OS SOÑOS DOS ADOLESCENTES

Esta é a historia de Penélope, non Penélope Cruz senón Penélope López. Esta é unha rapaza de 16 anos, a cal polo seu aspeto físico (máis vale ter que desexar) nunca puido ter amigas nin amigos de verdade, ou soamente uns poucos (máis vale soa que mal acompañada). Sempre foi criticada pola xente, incluso nas tendas onde se dispuña a mercar roupa. Todo o mundo era moi cruel con ela. Nalgún momento, ata algún profesor que vía a súa dificultade para practicar algún tipo de exercicio aproveitaba para mofarse dela diante dos demais compañeiros.

Cando Penélope comezou a súa andaina polo mundo todos a querían; pero os problemas comezaron nos principios da escola, cando todos os rapaces e rapazas se rían, burlaban e incluso a agredían: o que hoxe é coñecido por acoso escolar.

Ela pensaba “para que vivir?” se isto ía ser así toda a súa vida. Pero as cousas comezaron a cambiar cando chegou ós 12 anos. Ela viu que se rían dela por ser gorda, pero tamén se rían dos demais por ter a cara chea de”espinillas”, por ter que usar gafas, pola forma de vestir… Ela comezou a coller confianza e comezou a vestir como ela quería, tivo que poñer gafas e tivo a cara chea de “espinillas”, coma era habitual nos rapaces da súa idade; pero aínda merecía a pena vivir e “a palabras necias, oídos xordos”. Todos pararon de meterse con ela, comezou a ter amigos e a disfrutar da vida como nunca antes fixera. Pero cando cumpriu 14 anos as súas compañeiras saían de noite, bebían, tiñan noivo…, cousas que Penélope nunca fixera nin quería facer á súa “idade”. Entón foi criticada por todos os seus compañeiros por ser a rara do grupo; xa que eles, en vez de ir coa súa familia á festa dos pobos de arredor, ían ás discotecas; en vez de estudar ou xogar, saír e divertirse cos seus amigos e familia, ían (a escondidas dos seus pais) a beber e fumar polas esquinas ou ao sitio que para Penélope era a cousa máis horrenda do mundo: o botellón.

Todo o mundo a cría máis tonta e inferior, pero a ela comezou a darlle igual que se risen dela: ela era así e seguiría sendo así por moitos anos máis.


Eu envidio a Penélope, xa que pase o que pase sempre ten a súa cariña de nena, de felicidade e de sorriso: se alguén está malo, inténtao animar. Penélope ten 16 anos e o seu soño é estudar unha carreira e ,se pode ser, traballar e formar unha gran familia. Ao fin e ao cabo é para o que nacemos, para ser FELICES!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!