DESPEDIMOS O CURSO E…

http://w259.photobucket.com/pbwidget.swf?pbwurl=http://w259.photobucket.com/albums/hh281/biblioxograr/despedida/532211d3.pbw

…tamén despedimos a algúns compañeiros que por mor dos concursos de traslados nos deixan. María José, José María, Javier e José Manuel, botarémosvos de  menos.

Quedarémonos coa  paz interior de María José e as boas costumbres medioambientais de Javier, acompañadas da boa música ( tan ben documentada) de José María. Bicos a todos e boa sorte!

“CIENCIA” PARA TODOS

http://w259.photobucket.com/pbwidget.swf?pbwurl=http://w259.photobucket.com/albums/hh281/biblioxograr/sabado/1d5ed187.pbw

Esperamos con ilusión a posta en marcha da nova materia de Ciencias para o Mundo Contemporáneo que terán todos os alumnos de 1º de BAC. Para ir facendo boca, levamos ós alumnos de 4º da ESO a un Taller de Biotecnoloxía que tivo lugar o 14 de xuño no Cefore de Lugo.

O relator foi Antonio Salas Ellacuriaga, membro do grupo de investigación de medicina xenómica da Universidade de Santiago.

Entre outros temas, a súa intervención versou sobre a xenética forense e a aplicación clínica ou médica da xenómica.

Foi de gran interese para alumnos e profesores. Esperamos que este tipo de encontros poidan  repetirse.