[kml_flashembed movie="http://w259.photobucket.com/pbwidget.swf?pbwurl=http://w259.photobucket.com/albums/hh281/biblioxograr/memoria rectangular/673e5ffc.pbw" width="360" height="320"/]
“ iso foi o que trouxemos na nosa viaxe a través do océano, cruzando fronteiras, pola vida: o noso pequeno almacén de anécdotas e do que ocorreu despois, o noso Érase unha vez privado. Eramos as nosas historias, e (…) a nosa inmortalidade estaría nalgúns deses relatos.”
Salman Rushdie
O proxecto da memoria rectangular nace dunha idea que tivemos no Departamento de Ciencias Sociais. Afeitos como estamos a que as nosas clases se enchan de nomes e épocas lonxanos e que semellan (só semellan) non ter, para as persoas que temos diante, ningunha conexión con elas, pensamos que sería unha boa idea propoñer aos alumnos e alumnas que se achegasen á súa propia historia, e … LER MÁIS
Ola! Noraboa polo voso blog, din botes de alegría cando o descubrin hai uns días, pescudando na rede webs para o fomento da lectura. Encántame!!! Son Begoña, a profe que estivo con vos o curso pasado e que empapelou o IES de cabras (e outras cousas:) alá polo nadal do 2007. Espero que me deixedes pór unha ligazón no meu blog (ben… xa a puxen:) polo que espero que non vos moleste. Xa que remata o curso, quero desexaros unhas boas vacacións, as mellores, para todas e todos. Carpe diem!