http://w259.photobucket.com/pbwidget.swf?pbwurl=http://w259.photobucket.com/albums/hh281/biblioxograr/expozaragoza/5f7921ed.pbw
O pasado 19 de xuño, 17 alumnos e 3 profesores realizamos unha visita intensiva á Expo de Zaragoza, a Expo da Auga, e de volta visitamos o “Monasterio de Piedra”. Difícil saber o que nos agradou máis!
Na Expo é visita obrigada o “Pabellón Puente”, que aporta toda a información sobre os principais problemas da auga no mundo e as súas posibles solucións. Unha decepción: non poidemos firmar ó noso compromiso coa auga, non collían máis firmas. Que queres ver todas as posibilidades artísticas dunha pinga de auga?, visita a “Torre del agua”, 19 alturas- puntos de vista dende as que contemplala. Por suposto, o Acuario fluvial , ó máis grande de Europa. Aquí botamos en falta máis información.
Merecen a pena os pabellóns de España, Aragón, Japón, Sudáfrica, Alemania…
Non te perdas o Pabellón de Aguas Extremas, poderás sentir un furacán do Pacífico, unha gota fría mediterránea ou un tsunami.
Os espectáculos -a Cabalgata “El Despertar de la Serpiente” do Cirque du Soleil e “Iceberg, sinfonía poético visual” do Grupo Focus– FANTÁSTICOS!
ALGUNHAS CURIOSIDADES:
Os materiais de uso diario escolléronse segundo criterios de sostibilidade: o café e o azucre proceden do Comercio Xusto, as vaixelas son biocompostables, os bolígrafos están feitos de algas ou papel, as bolsas de fécula de pataca.
As bebidas sérvense en vasos de plástico polos que pagarás 1 euro que te devolverán cando o leves a reciclar.
Toda a enerxía consumida na Expo se produce con aeroxeradores, hortas solares, trixeneración e hidróxeno.
Preténdese compensar as 150 mil toneladas de CO2 que se emitirán a atmósfera mentres dure a Expo, plantando 3 millóns de árbores e instalando 700 desaladoras.
Puidemos constatar con gran disgusto que moitos visitantes compórtanse como cidadáns irresponsables e non contribúen a que a Expo sexa sostible. Sabedes como queda o Chanto logo dun botellón? Pois por un estilo. Temos que dicir que todos nos botamos o lixo no colector correspondente.
http://w259.photobucket.com/pbwidget.swf?pbwurl=http://w259.photobucket.com/albums/hh281/biblioxograr/expo2/e9a8e4e0.pbw