O pasado venres, día 9 de maio, os nosos alumnos e alumnas do 1º Ciclo da ESO asistiron en Lugo ao Correlingua 2008. Un grupo de rapazas de 2º da ESO gañaron un premio por unha pancarta e déronlles un lote de vinte libros para a biblioteca do instituto. EN HORA BOA!!!
O lema da pancarta gañadora é:
“CON 7 NOTAS MUSICAIS SOMOS CAPACES DE CREAR MELODÍAS FABULOSAS. ¡IMAXINADE CON MÁIS DE 70.000 PALABRAS GALEGAS!”
Na foto podedes ver ás protagonistas.
O noso traballo nos costou!
Pero hai que dicir que na foto non estamos todos os participantes.
En total fomos uns 11 rapaces e rapazas que participamos tanto na creación como no transporte da pancarta.
¡UN SAÚDO A TODOS E FELICIDADES!
A verdade é que o lema ten mensaxe, mensaxe e mensaxe…, e está moi ben, ademási a biblioteca está medrar, ainda que xa é unha moi boa Biblioteca, como vedes hasta fun capaz de escribir na nosa lingua, non sei si o fixen en debida forma… perdoade sin non foi así. ¡Felicidades!.
Un abrazo.
A verdade é que ata nos divertimos facendo a pancarta. Foi xenial, aída que artisticamente falando non quedase unha marabilla… Iso si, o lema é moi bo!
Por certo, grazas polos elixios que nos dades!