ACTIVIDADES NO CAMIÑO (DE SANTIAGO)

Como xa sabedes, o Departamento de Inglés do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria está a realizar unha actividade chamada “Pilgrims Project” cos alumnos-as de 3º de  ESO.  A idea orixinal e posta en marcha da mesma debémoslla a Dna. Cristina Fontán, profesora de dito departamento, que dedicou gran parte do seu tempo libre a percorrer os sendeiros do Camiño de Santiago para informarse e informar a todo aquel que se atopase nun albergue, hostal, camping… da proposta da actividade, xa sabedes que con cartel anunciador, PILGRIMS WANTED!, e todo.

Desde entón desenvolvéronse dúas actividades no centro.

A primeira foi o 12 de maio de 2008, cando chegou un matrimonio australiano de Melbourne que xa estaba retirado e colaborou conosco de xeito que todos quedaron encantados, alumnos, matrimonio e profesoras. A experiencia foi moi positiva e os alumnos-as están desexando volver a repetila. Jenny and Steve, thank you very much for your visit!

A segunda foi o 20 de maio de 2008, nesta ocasión , tratábase dun peregrino inglés, de Manchester, nado en Alemania, de nai alemana, de 20 anos de idade , que conectou moi ben co grupo co que se levou a cabo a actividade.

Esperamos ansiosos-as a chegada de mais peregríns de agora en adiante.

“CORRELINGUA”

 

O pasado venres, día 9 de maio, os nosos alumnos e alumnas do 1º Ciclo da ESO asistiron en Lugo ao Correlingua 2008. Un grupo de rapazas de 2º da ESO gañaron un premio por unha pancarta e déronlles un lote de vinte libros para a biblioteca do instituto. EN HORA BOA!!!

O lema da pancarta gañadora é:

“CON 7 NOTAS MUSICAIS SOMOS CAPACES DE CREAR MELODÍAS FABULOSAS. ¡IMAXINADE CON MÁIS DE 70.000 PALABRAS GALEGAS!”

 Na foto podedes ver ás protagonistas.

 

17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O día 17 de maio de 1963, coincidindo cos 100 anos da publicación da obra de Rosalía de Castro CANTARES GALLEGOS, celebrouse por primeira vez o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Dende entón, cada 17 de maio dedícase a unha figura da literatura galega, coa condición de que se cumpriran polo menos, 10 anos dende o seu falecemento.

Este ano está dedicado a figura de Xosé M. Álvarez Blázquez. Para coñecer á relevancia deste autor, presentámosvos un traballo feito por un alumno de 4º de ESO.

 [kml_flashembed movie="http://static.slideshare.net/swf/ssplayer2.swf?doc=presentacin-de-lvarez-blzquez-1210591255097030-8" width="425" height="355"/]

VISITA DO ALUMNADO DO IES VILAR PONTE DE VIVEIRO

Un grupo de alumnos e alumnas do IES VILAR PONTE de Viveiro, viñeron a Sarria para coñecer a aqueles alumnos do noso centro cos que se viñan carteando dende o mes de decembro. Na seguinte, a nosa colaboradora Esther, cóntanos a súa experiencia: O intercambio

Aquí tedes algunhas fotos da excursión que fixeron a Samos:

[kml_flashembed movie="http://w259.photobucket.com/pbwidget.swf?pbwurl=http://w259.photobucket.com/albums/hh281/biblioxograr/intercambio/59ddabbe.pbw" width="480" height="360"/]