Os alumnos de 2º de ESO fomos o pasado xoves, 24 de abril, ao Museo de Lugo para participar nas Rutas Literarias polo Museo.
Unha rapaza moi amable explicounos en que consistía a actividade: repartímonos en catro grupos, e tiñamos que ir buscando a resposta á 20 preguntas que viñan nun caderniño que nos deu a cada un de nós. Todas as solucións atopábanse ou ben nas diferentes salas do museo ou ben nun libro que nos deran días antes e que case todos léramos. O grupo que menos erros cometeu (só dous) recibiu un pequeño agasallo, aínda que esto non foi o importante, senón o ben que o pasamos seguindo as pistas e actuando como detectives.
Aquí podedes ver algunha foto de grupo porque non se podían facer dentro das salas do museo.
[kml_flashembed movie="http://w259.photobucket.com/pbwidget.swf?pbwurl=http://w259.photobucket.com/albums/hh281/biblioxograr/926983a9.pbw" width="400" height="300"/]
A excursión foi moi boa. É realmente orixinal e entretida. Non obstante, teño que engadir un dato: non fomos todos no mes de abril, dividíronnos en 2 tandas porque había un límite de persoas e na primeira delas houbo un equipo (o meu, para que a modestia) que conseguíu acertar todas as preguntas.
Por certo, os catro relatos do libro no que se basa a excursión están moi ben e recoméndollos a todo o mundo.
Dime Sandra ¿dónde se consigue el libro que mencionas? o por lo menos el título, porque si lo recomiendas habrá que leerlo, además a mí me gusta visitar el Museo de Lugo y.. ¡puedo hacer de detective! ¿no crees?. Un abrazo
Umm… pois o certo é que non estou segura de se se pode conseguir sen que sexa a través do museo. O profesor de galego deixounos tres ou catro libros na clase e organizounos en grupos para que o fósemos lendo e pasando ós demais compañeiros.
Se queres ler o libro, aconsélloche que preguntes a algún dos profes máis informados (os que foron á excursión) e malo será que non o deas atopado.
Sinto non ser de máis axuda.
Saudos!!
Esquecín comentar que o título do libro é: “Rutas literarias polo museo” e que non creo que estea publicado por ningunha editorial.
Amiga Sandra ya tengo el libro, estuve hoy en el Centro y Jesús, el profesor de Gallego, me lo prestó, ya comentaré. Las visitas que os hago son tan beneficiosas para mí que no puedo pasar sin ellas. Abrazos.