RUTAS LITERARIAS POLO MUSEO DE LUGO

    Os alumnos de 2º de ESO fomos o pasado xoves, 24 de abril, ao Museo de Lugo para participar nas Rutas Literarias polo Museo.   

   Unha rapaza moi amable explicounos en que consistía a actividade: repartímonos en catro grupos, e tiñamos que ir buscando a resposta á 20 preguntas que viñan nun caderniño que nos deu a cada un de nós. Todas as solucións atopábanse ou ben nas diferentes salas do museo ou ben nun libro que nos deran días antes e que case todos léramos. O grupo que menos erros cometeu (só dous) recibiu un pequeño agasallo, aínda que esto non foi o importante, senón o ben que o pasamos seguindo as pistas e actuando como detectives.

 Aquí podedes ver algunha foto de grupo porque non se podían facer dentro das salas do museo.

 [kml_flashembed movie="http://w259.photobucket.com/pbwidget.swf?pbwurl=http://w259.photobucket.com/albums/hh281/biblioxograr/926983a9.pbw" width="400" height="300"/] 

E xa que estamos no Museo podemos aproveitar para visitar as salas 29, 30, 31 e 32 onde están expostas as obras do Proxecto Abertal:  99 artistas lucenses do século XXI, entre os que se atopa a profesora do noso centro Mª José Santiso.