Para conmemorar a morte de tres dos homes máis importantes da literatura universal celébrase o Día Mundial do Libro: o 23 de abril de 1616 morreu Miguel de Cervantes Saavedra (considerado casi unanimemente como o pricipal autor da literatura castelá), William Shakespeare (máximo representante da literatura anglosaxona), e Garcilaso, el Inca, de la Vega (seudónimo de Gómez Suárez de Figueroa, peruano considerado o máis importante dos cronistas de Indias na literatura hispanoamericana).
A data foi acordada de forma definitiva no ano 1995 pola UNESCO e, por exemplo, en España faise coincidir coa entrega do Premio Cervantes, que é o máis prestixioso galardón das letras hispanas.
No noso centro levamos varios anos celebrando este día cunha exposición de traballos presentados polos alumnos de todos os cursos e convocada polo departamento de Literatura castelá. O tema dos traballos é libre, sempre que estea relacionado co mundo dos libros, en calquera lingua, e que invite ou fomente o gusto pola lectura.
A exposición deste ano será entre o 23 de abril e o 4 de maio.
¡Vén a vela!
[kml_flashembed movie="http://w259.photobucket.com/pbwidget.swf?pbwurl=http://w259.photobucket.com/albums/hh281/biblioxograr/a5470420.pbw" width="400" height="300"/]