“Por eso, os aires, chamándonos en vano coa súa música,
absorberon, como en vinganza,
as néboas contaxiosas do mar, as cales,
caendo sobre os campos, encheron de tanta soberbia
aos máis humildes ríos, que desbordaron as súas ribeiras”.
William Shakespeare (De “Soño dunha noite de verán” Acto 2 Escena 1)
A auga, o composto máis abundante na natureza, é tamén o composto máis abundante nos seres vivos. Os humanos somos auga nun 65%. Cada día necesitamos inxerir 2 l. de auga, e non poderíamos sobrevivir máis de 3 días se non o fixeramos.
Porque sen auga non hai vida e cada vez é un recurso máis escaso, no Xograr Afonso Gómez de Sarria preocupámonos por este tema e tratamos de concienciar e ensinar aos nosos alumnos o modo en que deben actuar para usar a auga de modo sostible preservándoa para as xeracións futuras.
ACTIVIDADES:
– CHARLA INFORMATIVA sobre:
. Importancia da auga para os seres vivos.
. Ciclo hidrolóxico.
. Ciclo integral da auga.
– SERES ESTRAÑOS NA AUGA:
. Que son os cágados? En que se converterán?
– OS SERES INVISIBLES DA AUGA:
. Observación microscópica de microorganismos da auga.
– REPARTO E EXPLICACIÓN DE TRÍPTICOS INFORMATIVOS sobre o uso sostible da auga.
– “GRAN XINCANA” sobre todo o traballado. Se queres prepararte clica aquí.
– TALLER DE PULSEIRAS e AUDICIÓN de obras musicais relacionadas coa auga.
DIRIXIDAS A ALUMNOS DO 1º CICLO DA ESO.
IMPARTIDAS POR ALUMNOS DE 4º DA ESO.
http://w259.photobucket.com/pbwidget.swf?pbwurl=http://w259.photobucket.com/albums/hh281/biblioxograr/auga/aaf8756d.pbw
ADEMÁIS:
– PROXECCIÓN E COLOQUIO SOBRE A PELÍCULA:
“Erin Brockowich” de Steven Soderbergh ( E.E.U.U. 2000).
– EXPOSICIÓN DE TRABALLOS realizados polos alumnos.
– EXPOSICIÓN DE LIBROS relacionados na BIBLIOTECA do Centro.
– VISITAS DIDÁCTICAS:
– Visita en Lugo á exposición itinerante “VIVE OS RÍOS DO NORTE” (1º da ESO).
– Visita ás EDAR e ETAP de Sarria (4º da ESO)
– Visita á EDAR de Lugo (2º de BAC)
– Viaxe á EXPO DE ZARAGOZA (1º de BAC). http://www.expozaragoza2008.es/
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/5g8DN4cERCQ" width="450" height="350"/]