RUTAS LITERARIAS POLO MUSEO DE LUGO

    Os alumnos de 2º de ESO fomos o pasado xoves, 24 de abril, ao Museo de Lugo para participar nas Rutas Literarias polo Museo.   

   Unha rapaza moi amable explicounos en que consistía a actividade: repartímonos en catro grupos, e tiñamos que ir buscando a resposta á 20 preguntas que viñan nun caderniño que nos deu a cada un de nós. Todas as solucións atopábanse ou ben nas diferentes salas do museo ou ben nun libro que nos deran días antes e que case todos léramos. O grupo que menos erros cometeu (só dous) recibiu un pequeño agasallo, aínda que esto non foi o importante, senón o ben que o pasamos seguindo as pistas e actuando como detectives.

 Aquí podedes ver algunha foto de grupo porque non se podían facer dentro das salas do museo.

 [kml_flashembed movie="http://w259.photobucket.com/pbwidget.swf?pbwurl=http://w259.photobucket.com/albums/hh281/biblioxograr/926983a9.pbw" width="400" height="300"/] 

E xa que estamos no Museo podemos aproveitar para visitar as salas 29, 30, 31 e 32 onde están expostas as obras do Proxecto Abertal:  99 artistas lucenses do século XXI, entre os que se atopa a profesora do noso centro Mª José Santiso.

23 de abril: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Para conmemorar a morte de tres dos homes máis importantes da literatura universal celébrase o Día Mundial do Libroo 23 de abril de 1616 morreu   Miguel de Cervantes Saavedra (considerado casi unanimemente como o pricipal autor da literatura castelá), William Shakespeare (máximo representante da literatura anglosaxona), e Garcilaso, el Inca, de la Vega (seudónimo de Gómez Suárez de Figueroa, peruano considerado o máis importante dos cronistas de Indias na literatura hispanoamericana). 

 A data foi acordada de forma definitiva no ano 1995 pola UNESCO e, por exemplo, en España faise coincidir coa entrega do Premio Cervantes, que é o máis prestixioso galardón das letras hispanas.

 

No noso centro levamos varios anos celebrando este día cunha exposición de traballos presentados polos alumnos de todos os cursos e convocada polo departamento de Literatura castelá. O tema dos traballos é libre, sempre que estea relacionado co mundo dos libros, en calquera lingua, e que invite ou fomente o gusto pola lectura. 

A exposición deste ano será entre o 23 de abril e o 4 de maio.

 ¡Vén a vela!

[kml_flashembed movie="http://w259.photobucket.com/pbwidget.swf?pbwurl=http://w259.photobucket.com/albums/hh281/biblioxograr/a5470420.pbw" width="400" height="300"/]

HAI QUE MOLLARSE!. ACTIVIDADES SOBRE A AUGA E O SEU USO SOSTIBLE.

“Por eso, os aires, chamándonos en vano coa súa música,
absorberon, como en vinganza,
as néboas contaxiosas do mar, as cales,
caendo sobre os campos, encheron de tanta soberbia
aos máis humildes ríos, que desbordaron as súas ribeiras”. 

  William Shakespeare (De “Soño dunha noite de verán” Acto 2 Escena 1) 

 

A auga, o composto máis  abundante na natureza, é tamén o composto máis abundante nos seres vivos. Os humanos somos auga nun 65%. Cada día necesitamos inxerir 2 l. de auga, e non poderíamos sobrevivir máis de 3 días se non o fixeramos.

 

Porque sen auga non hai vida e cada vez  é un recurso máis escaso, no Xograr Afonso Gómez de Sarria preocupámonos por este tema e tratamos de concienciar e ensinar aos nosos alumnos  o modo en que deben actuar para usar a auga de modo sostible preservándoa para as xeracións futuras.  

 

ACTIVIDADES: 

– CHARLA INFORMATIVA sobre:

. Importancia da auga para os seres vivos.
. Ciclo hidrolóxico.
. Ciclo integral da auga.

– SERES ESTRAÑOS NA AUGA: 

. Que son os cágados? En que se  converterán?

– OS SERES INVISIBLES DA AUGA:

. Observación microscópica de microorganismos da auga.

– REPARTO E EXPLICACIÓN DE TRÍPTICOS INFORMATIVOS sobre o uso sostible da auga.

– “GRAN XINCANA” sobre todo o traballado. Se queres prepararte clica aquí.

– TALLER DE PULSEIRAS e  AUDICIÓN de obras musicais relacionadas coa auga.

DIRIXIDAS A  ALUMNOS DO 1º CICLO DA ESO.

IMPARTIDAS POR ALUMNOS DE 4º DA ESO.

http://w259.photobucket.com/pbwidget.swf?pbwurl=http://w259.photobucket.com/albums/hh281/biblioxograr/auga/aaf8756d.pbw

ADEMÁIS:

– PROXECCIÓN  E COLOQUIO SOBRE  A PELÍCULA:

  “Erin Brockowich” de Steven Soderbergh ( E.E.U.U. 2000).

– EXPOSICIÓN DE TRABALLOS realizados polos alumnos.

– EXPOSICIÓN DE LIBROS relacionados na BIBLIOTECA do Centro.

– VISITAS DIDÁCTICAS:

– Visita en Lugo á exposición itinerante “VIVE OS RÍOS DO NORTE” (1º da ESO).
– Visita ás EDAR e ETAP de Sarria (4º da ESO)
– Visita á  EDAR de Lugo (2º de BAC)
– Viaxe á EXPO DE ZARAGOZA (1º de BAC).  http://www.expozaragoza2008.es/

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/5g8DN4cERCQ" width="450" height="350"/]

COORDINA: DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA

VIAXE DE FIN DA ESO A PARÍS

XA ESTADES DE VOLTA E POLA EXPRESIÓN DA VOSA CARA, MERECEU A PENA!

ANIMÁDEVOS A COMPARTIR ALGUNHA DA VOSAS EXPERIENCIAS, CONTÁNDONOS OS LUGARES QUE VISITASTES, O QUE MÁIS VOS IMPRESIONOU…

[kml_flashembed movie="http://w259.photobucket.com/pbwidget.swf?pbwurl=http://w259.photobucket.com/albums/hh281/biblioxograr/c9cca6ab.pbw" width="400" height="360"/]

Esther cóntanos…

VIAXE A SANTIAGO DE COMPOSTELA

Os alumnos de 3º de ESO estiveron o pasado 31 de marzo en Santiago de Compostela. Asistiron a un Concerto Didáctico de Mercedes Peón no Auditorio de Galicia, e realizaron unha visita guiada á Catedral. Por certo!, o Pórtico da Gloria está a ser restaurado. Pronto poderémolo ver coas cores orixinais que accidentalmente se perderon cando os británicos lle fixeron un molde para reproducilo.

SEMANA DA SAÚDE (7-11 de abril).

Porque aprender a coidarse é moi importante, a próxima semana prestarémoslle unha especial atención á nosa saúde. Reflexionaremos sobre temas fundamentais  como a nosa alimentación, o consumo de tabaco, alcol e outras drogas non legais, etc., co seguinte…

 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES:

LUNS: Charla-Obradoiro de “Primeiros Auxilios”, a cargo de D. Jaime Capellá.

MARTES: Charla de “Drogodependencia“, a cargo de Dna. Olga Sánchez.

MÉRCORES: Charla sobre “Prevención de lesións medulares”, a cargo de COGAMI-LUGO.

MARTES E XOVES: “Almorzos saudables”.

Ó longo da semana -nos recreos-, repartirase froita para todo o alumnado. Colaboran os departamentos de Educación Física e Ciencias Naturais.

XOVES: Charla “A Alimentación da mocidade a exame: Da anorexia á obesidade”, a cargo da Dra. Conchita Rodríguez.

VENRES: Charla sobre “Consumo de alcol e tabaco” impartida por Dna. Olga Sánchez.

LEMBRA QUE “SOMOS O QUE COMEMOS”!!!

Tamén podedes consultar na biblioteca do centro libros relacionados co tema.

O alumnado de 4º de ESO, xa vén traballando en parte o tema, nas clases de Ciencias Medioambientais e Informática. A modo de exemplo, aí tedes dúas presentacións sobre Nutrición e Enfermidades carenciais.

[kml_flashembed movie="http://static.slideshare.net/swf/ssplayer2.swf?doc=nutricin-1207254039455322-8" width="425" height="355"/]

CARTA A SABELA

 

Ben querida Sabela:

 

Como é sabido por todos, vén de xubilarse, o pasado 21 de febreiro, a nosa querida compañeira Sabela. Dende a biblioteca do centro, e en concreto dende o club lector, queremos ofrecerlle un pequeno “agasallo”, non por nada en particular, senón por todo en xeral.

 

 

Sempre que se lle pediu axuda ou participación, alí estivo; eso si, cunha gran modestia e sen facer ruído, a pesares das cousas tan valiosas que nos leva aportado. Sempre animando, participando e colaborando: por iso e por moito máis, grazas Sabela.

 

            Nunha ocasión falaba desa “marabillosa aventura” de coñecer o mundo fantástico (pero non irreal) que nos proporcionan os libros. Ben, pois agora temos a sorte de compartir todo iso contigo máis de perto.

 

Sabemos que durante bastante tempo un dos teus autores preferidos foi Frank Slaughter, noutro momento Bernabé Tierno; pero tamén sabemos, porque así o sentimos, é que calquera dos libros que leamos no noso Club de Lectura, valo ler co mesmo interese e cariño.

 

Grazas de novo, sorte e saúde para disfrutares da lectura e de todo o demáis. Bicos mil.

           

                                                          

Grupo de compañeiras do Club Lector